AXENDA CULTURAL

O Venres 8 de novembro: Día das Librerías 2019 ‘As librarías tócannos’

Por noveno ano consecutivo, as librarías de todo o Estado celebran o DÍA DAS LIBRARÍAS, unha festa coa que este ano queremos poñer en valor o trato persoal, exclusivo e próximo que ofrecen as libreiras e libreiros.
O Venres 8 de novembro: Día das Librerías 2019 ‘As librarías tócannos’
ContaContos-DiadasLibrarias
ContaContos-DiadasLibrarias

O lema ‘As librarías tócannos’ pretende tamén resaltar o importante papel que exercen estos espazos nos seus barrios, donde non só actúan como centros de dinamización cultural senon que son pontos de encontro imprescindibles para a creación de comunidade. Tamén, incide na idea de contacto, é dicir, sinala aos libreiros e libreiras como persoas de confianza que se preocupan por coñecer aos seus lectores e lectoras. 

E para celebrar este día, o venres 8 de Novembro, as librarias de todo o Estado permanecerán abertas ate as 22.00h e farán descontos do 10% en todas as compras de libros. A Livraria Suévia (rúa Vila de Negreira, 32) participa desta celebración.

Ademais, o Sábado 9 de Novembro ás 12.00h, na Livraria Suévia teremos un ContaContos Especial polo Día das Librarias, na que se contarán as historias máis premiadas e as nenas e nenos poderán facer o seu propio Marca Páxinas Xaponés.

O ContaContos e o Obradoiro de Marca Páxinas Xaponeses están recomendados  para nenos e nenas a partir de 3 anos. Para participar non hai que anotarse. Todas as actividades que organizamos son gratuítas. 

O venres 8 de noviembre temos unha cita.  Vémonos nas librarías!

Comentarios
O Venres 8 de novembro: Día das Librerías 2019 ‘As librarías tócannos’