CRÓNICA DUNHA REMONTADA IMPROBÁBEL – CAPÍTULO 27

Cal foi a lección?

O Dépor gaña (2-1) o partido aprazado diante do Fuenlabrada, que se queda sen play off. Os dous equipos pagan as consecuencias da incompetencia de Tebas e das autoridades deportivas españolas. O fútbol segue estupefacto e non reacciona diante do que está a acontecer.
Cal foi a lección?
Merino e Beauveu celebran o gol que empataba o partido diante do Fuenlabrada
Merino e Beauvue celebran o gol que empataba o partido diante do Fuenlabrada. @RCD

Esta liga inexplicábel rematou (no campo) cun partido en agosto que apartou o Fuenlabrada dos play off polo ascenso e situou o Dépor na última praza de descenso, xustiza cruel para os dous equipos e proba evidente da debilidade institucional de ambos clubs, maltratados pola Liga, desprezados polas autoridades deportivas do Estado e esquecidos (após da indignación de hai dúas semanas) polos responsábeis da Federacións Española de Fútbol (tamén a Galega) e da AFE. 

Dépor e Fuenlabrada foron humillados un 7 de agosto nun Riazor baleiro, obrigados a representar unha competición que non existe porque foi adulterada de mala maneira pola propia organización.

Dépor e Fuenlabrada (os xogadores do Fuenlabrada que sufriron contaxio) son vítimas. Mais o Fuenlabrada (o club) é tamén culpábel de neglixencia médica e deslealdade co fútbol. O Dépor non ten culpa de nada. Se acaso, a súa culpa foi ter chegado á última xornada dependendo doutros. Tiña moito en contra. Pero ninguén contaba con Tebas.

Gañou o Dépor honrando o fútbol. Perdeu o Fuenlabrada por causa da súa neglixencia, perdeu parte da honra con actuacións nada dignas desde os despachos, debería perdela categoría en favor do Dépor e do fútbol. O do Fuenlabrada foi un "piscinazo" clamoroso e o de Tebas unha total arbitrariedade. Ningún dos dous merece estar nesta competición...

Pero meréceno o resto de clubs da LFP que miran para outro lado mentres pasa o que está a pasar? 

Merecen os seareiros este tipo de clubs, esta organización que corrompe as normas e o respecto polo xogo?

En todos os ordes da vida social a covid deixou leccións decisivas, o fútbol aínda non aprendeu nada de todo isto...

A ficha do partido
 

Cal foi a lección?