CRÓNICA DUNHA REMONTADA IMPROBÁBEL – CAPÍTULO 26 (bis)

O fútbol enteiro ten que ir da man do Dépor

A LFP (e o Fuenlabrada) arbitran un apaño para eludir responsabilidades. Nin a Liga consultou co Dépor ni o Dépor está de acordo coa suspensión definitiva do partido.
O fútbol enteiro ten que ir da man do Dépor
Alcorcon 6 Carpa e Vaz
Fernando Vázquez, durante unha rolda de prensa a principios de ano. @RCD

Noutro xesto máis de burla ao Dépor, aos seus seareiros e ao fútbol galego a LFP de Tebas anuncia a súa decisión de suspender definitivamente o partido da última xornada en Riazor. A clasificación, segundo a Liga, fica tal cal e o Elxe xogará o play off polo ascenso. Segundo un comunicado da LFP, o Fuenlabrada acepta un castigo menor e non disputará o play off, cun “enorme sacrificio” por ter que abandonar “lo conseguido con su esfuerzo y trabajo durante toda la temporada”.

Consultou a Liga a suspensión do partido co Dépor? Resposta do Dépor: NON
Está de acordo o Dépor coa suspensión? Resposta do Dépor: NON

comunicado LIGAVolve incorrer a Liga nunha valoración moral e parcial a respecto da competición. Parece que hai que insistir en que o sacrificio, o esforzo e o traballo NON son exclusivos dos clubs que conseguen rematar a liga nos postos de honra. A TODOS os xogadores, adestradores e directivos debe recoñecérselles estes valores, sexa cal sexa o resultado, que nunca depende só do esixentes que fosen nese esforzo e do acertados que estivesen no seu traballo.

As valoracións morais dun presidente da LFP cun fillo na directiva do Fuenlabrada NON computan a efectos da clasificación. NON haberá unha clasificación moral da liga, por moito que se empeñen en repetilo desde Madrid. A xustiza preocúpase doutros códigos. De regulamentos deportivos e de protocolos sanitarios, neste caso. 

A medida tomada este domingo pola LFP pode resolver o problema do Elxe (pode que non lle serva ao Raio), mais sobre todo intenta resolver parte do problema no que se meteu o propio Fuenlabrada, sobre cuxa actuación durante a fin de semana previa ao partido en Riazor presenta cada vez máis dúbidas na medida en que se van coñecendo novos datos. 

Pero ademais, a medida non soluciona de modo algún o problema do Dépor, que se queda sen opción de xogar o seu partido nunha posíbel repetición da última xornada. A competición foi adulterada, e a LFP, máxima responsábel desa actuación, teima en pasar por riba do seu propio erro.

O Fuenlabrada e a LFP están xuntos nesta batalla por eludir responsabilidades, agochar o que pasou, negar os erros nos que incorreron. Van ir da man até o final. O resto de clubs, o fútbol enteiro e a xustiza deportiva, empezando polo CSD, deberían ir tamén da man do Dépor para que os culpábeis da desfeita non saian impunes.

[actualización das 18:45]

Minutos despois de que a LFP emitise o seu comunicado, o Fuenlabrada publicou que acataba a decisión... dúas horas despois, a opinión do club madrileño era outra, con matices:

"Ante el Comunicado emitido por LaLiga desde el CF Fuenlabrada queremos aclarar que:

-El Fuenlabrada NO “renuncia” a jugar el partido ante RC Deportivo. Muestra su disposición a jugar en caso de que sea viable cuando sus jugadores estuvieran aptos.

-Entendemos que LaLiga no es el órgano competente único para tomar esta decisión. La decisión también está en manos del Comité de Competición de la RFEF y, en su caso, del CSD.

-El hecho de que en el anterior comunicado anunciáramos que acataríamos la decisión, no significa que la misma no deba estar tomada por todos los órganos competentes y fundamentada en informes objetivos.

-El CF Fuenlabrada no se considera fuera de playoff y queda pendiente de la resolución del resto de órganos competentes. Sin descartar que la decisión pueda ser retrasar la disputa del partido a la primera semana de agosto."

 

Para seguir furgando na ferida, Tebas emite un chío...

 

"Nós a Barreiro, ti a Teixeiro", responde na mesma rede o escritor Antonio M. Fraga. "A LFP e Javier Tebas míranse nun espello cóncavo. A imaxe deforme que devolve é a metáfora da última semana, especialmente da última esperpéntica hora: todo é grotesco, absurdo. Que alguén salve ao fútbol español!", anota o xornalista Alfonso Hermida (TVG). "Pues el responsable que pase por los juzgados. 28 positivos en su currículum", di na mesma rede Fran Hermida, xornalista da SER na Coruña. Desde a conta @jramiroperez ofrécese a seguinte reflexión: "Una pregunta para los/as que seguís el fútbol. Es totalmente inocente por mi parte y no conlleva ningún tipo de subtexto: entiendo que la actuación del Fuenlabrada fue irresponsable (podéis corregirme), ¿por qué entonces esta loa y este tratamiento tan benigno, casi heroico?"

[actualización das 20:00 horas]

Ás 19:40 horas deste domingo 26 de xullo, despois de que pasasen varias horas sen que o presidente da LFP (Javier Tebas) e o Fuenlabrada (club que rexistra a día de hoxe 28 casos de covid19 entre o cadro de xogadores e os cadros técnico e médico) volvesen intercambiar comunicados e agarimos, o Deportivo fixo pública a súa postura:

"El Real Club Deportivo de La Coruña, SAD quiere mostrar su sorpresa, malestar y estupefacción ante la sucesión de comunicados a la que estamos asistiendo a lo largo del día de hoy.

Ante tal perplejidad, queremos hacer constar que LaLiga comunicó a este Club a las 10:37 horas de hoy domingo la apertura de un expediente disciplinario de 113 páginas al Fuenlabrada -iniciado el pasado día 22- y otorgó a este Club un plazo hasta mañana lunes 27 de julio a las 15:00 para realizar alegaciones y aportar pruebas.

Este Club es parte, además, en dos procedimientos abiertos ante la RFEF por incumplimiento de las normativas estatutarias y reglamentarias vigentes y ha realizado las correspondientes alegaciones fijando los hechos sucedidos y aportado pruebas en defensa de sus intereses.

Ante la gravedad de los hechos que se están sucediendo, el Club anunciará mañana las medidas a adoptar y su postura oficial ante un atropello de semejante calibre."

Continuará...

 

O fútbol enteiro ten que ir da man do Dépor