Nota de prensa Marea Atlántica

A Marea Atlántica celebra o 3º aniversario da súa chegada a María Pita cun reparto do xornal O 15​ ​ nos barrios

Distribuirase ao longo da semana, coa axuda de persoas de referencia, a nivel local, galego e estatal, de todos os partidos
políticos que se integran na Marea Atlántica e doutras candidaturas municipalistas.

O 15​ é unha publicación informativa que a Marea Atlántica edita para distribuír de balde entre a cidadanía.

A Marea Atlántica celebra o 3º aniversario da súa chegada a María Pita cun reparto do xornal O 15​ ​ nos barrios
18_06_19_Reparto_O15
Reparto de O15, Xosé Manuel Beiras

Ao longo desta semana, a Marea Atlántica está a repartir polas rúas da Coruña o novo número da súa publicación informativa, O 15, que repasa o traballo realizado desde o goberno municipal nos últimos tres anos. Estes repartos estarán protagonizados por persoas de referencia, a nivel local, galego e estatal, dos partidos e organizacións que forman parte da Marea, e por integrantes doutras organizacións municipalistas.

A distribución d’O 15 comezou o domingo na Gaiteira, no marco da celebración do 3o aniversario da investidura de Xulio Ferreiro, e continuou o luns coa axuda das integrantes da coordinadora local de Esquerda Unida, pola zona de San Roque de Fóra. Esta tarde, nos Mallos, estiveron membros da dirección local do partido, con Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía Social e contaron co apoio de Xosé Manuel Beiras, voceiro nacional de Anova.

As próximas citas serán o mércores, ás 18.00h en Monte Alto, coas deputadas de En Marea no Parlamento de Galicia, Luca Chao e Antón Sánchez, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. O xoves ás 18.00h, na rua Barcelona, repartirán o deputado de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, e as concelleiras de Medio Ambiente, María García; Igualdade, Rocío Fraga; e Facenda, Eugenia Vieito. E o venres, ás 12.30, acudirán á Praza de Lugo referentes de Compostela Aberta, Ferrol En Común, Sadamaioría, Iniciativa Cidadá de Mugardos, Nós Pobra e Ourense en Común, xunto ás concelleiras de Participación, Claudia Delso, e Mobilidade, Daniel Díaz Grandío.

O 15 é unha publicación informativa editada e deseñada pola Marea Atlántica para dar a coñecer a súa actividade política e distribuír de balde entre a cidadanía. Os repartos continuarán ata final de mes, pasando por todos os barrios da cidade. O último número pode descargarse aquí.

A Marea Atlántica celebra o 3º aniversario da súa chegada a María Pita cun reparto do xornal O 15​ ​ nos barrios