Política forestal e loita contra o fume en Galicia e Portugal

A Marea Atlántica organiza este martes as xornadas ​ÁrdeNós

Será o 8 de maio, ás 19.30, na Fundación ONCE, coa presenza do deputado do Bloco de Esquerda portugués Pedro Soares; o biólogo Xavier Vázquez Pumariño; o deputado de En Marea Antón Sánchez; a politóloga Helena Martínez e a Concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García.

A Marea Atlántica organiza este martes as xornadas ​ÁrdeNós
9maio_ardenos_A3
ArdeNós

A Marea de Medio Ambiente e Sustentabilidade da Marea Atlántica organiza este martes, 8 de maio, unha xornada de reflexión e debate sobre os lumes forestais, as súas causas e os mecanismos para previlos. Baixo o título de ÁrdeNós, esta cita celebrarase ás 19.30 horas na sede da Fundación ONCE (Cantón Grande, 3) e contará coa presenza do deputado do Bloco de Esquerda portugués Pedro Soare​s; o biólogo Xavier Vázquez Pumariño​; o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia Antón Sánchez​; e a concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García​. Como moderadora actuará Helena Martínez Cabrera​, investigadora especialista en política forestal. O debate estará aberto ás preguntas do público.

En outubro do ano pasado, o lume arrasou case 50.000 hectáreas en Galicia e 300.000 en Portugal. A principal iniciativa da Xunta foi inventar unha trama de terrorismo incendiaro, que a Fiscalía xa sinalou como falsa, para eludir a súa propia responsabilidade na ordenación forestal. No país luso, pola contra, si se están a estudar medidas de deseucaliptización e mellora dos operativos contra incendios. Na xornada ÁrdeNós analizaranse de xeito crítico as iniciativas adoptadas, consideraranse propostas innovadoras e, ademais, sinalaranse as prácticas desenvolvidas no Concello da Coruña, coa nova normativa antiincendios.

Hai moito que se pode facer, alén da resignación e de perseguir pantasmas incendiarias. Nun contexto de cambio climático, onde todo o planeta experimenta unha suba das temperaturas e un descenso das precipitacións, non podemos seguir a manter unha política forestal baseada en plantar eucaliptos e agardar que non chova.

A Marea Atlántica organiza este martes as xornadas ​ÁrdeNós