Grupos de Apoio Mutuo GAM

Un euro para John

Coñecimos a John o 16 de maio do ano pasado cando estaba a pedir axuda na Rúa Panadeiras. Ese ano que pasará a historia pero que tamén ten moitas historias coma a súa.

Un euro para John
1 euro para John
1 euro para John

Vai case dous anos que chegou de Nixeria a Coruña, previo paso por Italia, sen ningún tipo de rede familiar, sen amizades, sen ninguén. Non sabemos que lle trouxo ata a Coruña, ata un fin do mundo, supoñemos que a procura dunha vida mellor.

John é o irmán maior dunha familia abandonada polo pai, con dous irmáns menores, e pai de dous fillos. No seu país estudou unha enxeñería, pero coma toda persoa “sen papeis” (curioso e terrible termo este) non ten dereito a traballar e ten a maiores a fenda lingüística.

A súa invisibilidade administrativa é absoluta e moi inxusta. Dende os GAM apoiámolo coa compra de alimentos e campaña de roupa de abrigo e mesmo nas xestións a través da Oficina dos Dereitos e contacto con ONG’s para asuntos sanitario, buscar un sitio onde durmir, aprender o idioma e tentar de conseguir cita coas Traballadoras Sociais. Pero aínda é hoxe o día que non temos este punto resolto. É un “sen papeis”, non existe.

A John morreulle a nai no seu país. Apoiámolo emocionalmente todo o que puidemos. Pouco máis, por desgraza, podíamos facer. Repetía unha e outra vez a palabra “confusión”. Así se sentía. Non sabía que facer.

John precisa axuda para afrontar parte do custo do enterramento da nai en Nixeria.

Formamos parte da escasa rede coa que conta. Apoiémolo como persoa, coma veciño. Por pouco que poidas axudar, o mundo será un pouco mellor nestes tempos.

O reto: acadar os 680€ que lle faltan antes do 23 xaneiro

Petos en: 

Monte Alto / Pescaría:

  • Carmiña, Rúa San Xoán 11. As Atochas
  • Café Bar Río Avia, Praza dos Ovos, 25

Cidade Vella

  • Semilla de Sésamo, Rúa Damas, 15

Conta Corrente (concepto: "Para John"):

  • ES46 2080 0704 0230 0001 0985

No caso de superar a cantidade os cartos serían destinados as Caixas de Resistencia dos GAM espalladas pola cidade para seguir apoiando a veciñanza que máis o precise.

Comentarios
Un euro para John