Durante a pasada competición de liga, usuarios e usuarias de 22 asociacións sen ánimo de lucro da cidade acudiron de balde a partidos do Deportivo

O Concello volve a ceder os seus asentos no palco VIP do estadio de Riazor a entidades sociais

A medida foi posta en marcha polo actual Goberno local en agosto de 2015 coa intención de “afondar no seu compromiso de renunciar aos privilexios de cargo”.

O Concello volve a ceder os seus asentos no palco VIP do estadio de Riazor a entidades sociais
vip
A concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, na primera entrega de entradas ao palco de Riazor, en 2015, á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Concello da Coruña | 20/08/2017

O Concello da Coruña, co inicio da competición oficial de fútbol de Primeira División, volve, de novo, a ceder os seus asentos no Palco VIP do estadio de Riazor para facilitar que usuarios e usuarias de distintas entidades sociais da cidade poidan gozar dos partidos nas que o Deportivo xoga na casa. No encontro desta tarde está previsto que os asentos VIP reservados ao Concello en base ao convenio que ten co club, sexan ocupados por usuarias dos distintos servizos municipais de Atención á Muller. Así o comentou a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, cuxo departamento se encarga da tramitación das entradas. "Na pasada competición ligueira convidamos a vir ao palco a numerosas entidades, acudindo na pasada temporada 22 entidades distintas entre as que se atopa, por exemplo, ACCEM, Pascual Veiga, Secretariado Xitano, ADACECO, AIND, Érguete Contra a Droga, ABAC, ACOPROS, Down Coruña, Asperga ou Aspronaga, entre outras, ademais de rapaces e rapazas da Escola Intercultural da UAMI, a Unidade de Atención Municipal a Persoas Migrantes", comentou a responsable municipal.

"Aínda que, tal e como fixemos até o de agora, o Concello manterá, por suposto, as súas obrigas representativas no estadio de Riazor, con esta actuación, que iniciamos nada máis chegar, no verán de 2015, o que tratamos é de cumprir o noso compromiso de renunciar aos privilexios de cargo", comentou Fraga, que recordou, por exemplo, que o goberno local tamén renunciou ao palco de uso municipal de autoridades do que tamén dispuña no Teatro Rosalía.

O Concello volve a ceder os seus asentos no palco VIP do estadio de Riazor a entidades sociais