Presentan unha batería de preguntas e unha proposición non de lei

O BNG leva ao Parlamento de Galiza o caos de servizos do CHUAC e do Abente y Lago

As nacionalistas presentan unha batería de preguntas e unha proposición non de lei nas que esixe a solución inmediata de todas as deficiencias dos servizos e demanda aclaracións do por que a  Consellaría de Sanidade está a actuar deste xeito na Xerencia da Coruña

O BNG leva ao Parlamento de Galiza o caos de servizos do CHUAC e do Abente y Lago
CHUAC
CHUAC

Avia Veira: “O Cadro de Persoal ten denunciado a situación surrealista que se está vivindo na área sanitaria da Coruña: colapso do servizo de urxencias, dispersión por todo o CHUAC dos pacientes do servizo de oncoloxía, ampla lista de espera en cirurxía ao tempo de ter pechada a unidade de cirurxía plástica, peche de até 50 camas no Abente y Lago etc, ao que se suma a precariedade de moitas e moitos profesionais que non dispoñen dun calendario laboral estábel e non coñecen con suficiente antelación nin cal vai ser a súa quenda ou o seu servizo o que dificulta sobremaneira poder facer unha mínima planificación, e moito menos conciliación. En definitiva, un caos que nos cremos intencionado que ten como obxectivo afondar no desprestixio e deterioro da imaxe dos servizo públicos sanitarios”

A Coruña, 22 de setembro de 2017. O BNG vén de trasladar ao Parlamento de Galiza o que as propias nacionalistas consideran “situación caótica” dos servizos sanitarios na Área da Coruña, despois de ter contrastado, tanto con usuarias e usuarios e cadro de persoal no CHUAC e no Abente y Lago, as reiteradas deficiencias que no día a día se producen .

Deste xeito, o Bloque presenta unha batería de preguntas para a súa resposta oral en Comisión, e unha proposición non de lei, tamén para ser aprobada na mesma Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, a respecto da atención a doentes en varios dos servizos así como a situación laboral que moitos profesionais están sufrindo.

Así, as nacionalistas, no que ten que a ver con servizos de atención sanitaria teñen contrastado graves deficiencias no servizo de urxencias e no servizo de oncoloxía e no servizo de cirurxía no CHUAC, ou peche de ate 50 camas sen explicación nas plantas segunda e terceira do Abente y Lago, así como teñen recollido as reiteradas queixas das traballadoras e traballadores de ambas dependencias sanitarias, suxeitos a condición laborais que mesmo puideran vulnerar dereitos laborais.

“O Cadro de Persoal ten denunciado a situación surrealista que se está vivindo na área sanitaria da Coruña: colapso do servizo de urxencias, dispersión por todo o CHUAC dos pacientes do servizo de oncoloxía, ampla lista de espera en cirurxía ao tempo de ter pechada a unidade de cirurxía plástica, peche de até 50 camas no Abente y Lago etc, ao que se suma a precariedade de moitas e moitos profesionais que non dispoñen dun calendario laboral estábel e non coñecen con suficiente antelación nin cal vai ser a súa quenda ou o seu servizo o que dificulta sobremaneira poder facer unha mínima planificación, e moito menos conciliación. En definitiva, un caos que nos cremos intencionado que ten como obxectivo afondar no desprestixio e deterioro da imaxe dos servizo públicos sanitarios”, denuncia a concelleira nacionalista Avia Veira.

É por iso que o BNG a través destas iniciativas esixe a solución inmediata de todas as deficiencias dos servizos e demanda aclaracións do por que a  Consellaría de Sanidade está a actuar deste xeito na Xerencia da Coruña.

“Por exemplo, as persoas doentes de cancro diante do peche da unidade de oncoloxía están dispersas polo hospital e ingresadas unha boa parte na planta 9E de medicina interna, precisamente unha das máis sobrecargadas e máis precaria a nivel de persoal. Resulta imposíbel que a pesar da moi alta profesionalidade do persoal, darlle a atención especializada que precisan, a empezar polo tempo que debería podérselle dedicar. Esiximos que o conselleiro dea as oportunas explicacións a respecto da situación ademais de lle inquirir se considera que as galegas e os galegos reciben unha boa calidade asistencial coas carencias constantes á que ten sometida a sanidade pública galega”, conclúe a portavoz nacionalista Avia Veira.

Comentarios
O BNG leva ao Parlamento de Galiza o caos de servizos do CHUAC e do Abente y Lago