MODEPEN | Pensións

Concentración polas pensións o sábado 13 de abril no Obelisco

O Movemento en Defensa do Sistema Público de Pensións (MODEPEN) da Coruña convoca este sábado unha concentración no Obelisco ás 12:30h

Concentración polas pensións o sábado 13 de abril no Obelisco
Modepen 13 de abril
Modepen 13 de abril

A Coordinadora Estatal en Defensa polo Sistema Público de Pensións, da que MODEPEN é parte integrante, convoca unha xornada de loita en todo o Estado o sábado 13 de abril.

Este 13 de abril, desde a Coordinadora Estatal e o Movemento pola defensa das pensións, MODEPEN, temos convocada unha móvilizacion, á que chamamos á participación de tod@s os/as cidadás/áns e en especial aos movementos sociais, sindicatos e partidos que o consideren.

As nosas mobilizacións están relacionadas polo xeral coas pensións si, pero non tanto coas nosas pensións, senón, coas da xeracións vindeiras, xa que nos preocupa sobre todo o Sistema Público de Pensións a medio e longo prazo.

Entendemos que a situación xeral, vai moito máis alá das pensións, pois é claramente visible, a degradación e perda de dereitos e liberdades en todos os aspectos, que a sociedade en xeral está sufrindo no noso país. Por iso facemos un chamamento a tod@s, para reverter esta degradación dos nosos dereitos e liberdades que sufrimos especialmente nos últimos dez anos.

Salgamos á rúa, contra os ataques ás pensións, os recortes en sanidade, educación e dependencia, contra a violencia de xénero, contra a corrupción que impregna as Institucións, contra a politización da xustiza e a xudialización da política, contra as sentenzas machistas e tendenciosas, contra este sistema económico que nos escraviza, contra o pago da débeda inxusta, contra ese fascismo que percorre Europa e entrou nas nosas Institucións o pasado día 2 de decembro.

Sabemos que con esta concentración pechamos un ciclo xa que ata pasadas as eleccións non sería posible convocar algo similar, é por iso que cremos moi importante o que fósemos capaces que o día 13 de Abril puidésemos confluír todos os movementos sociais activos na concentración convocada. Pensamos que os cambios que necesitamos é tarefa de tod@s.

Ao final da Concentración agradecerase a presenza a cada colectivo que acuda, contamos coa súa asistencia.

Concentración polas pensións o sábado 13 de abril no Obelisco