SAF Chantada | nota de prensa

Despidos, violación de dereitos e precariedade no Servizo de Axuda ao Fogar

Trala privatización do servizo de axuda ao fogar está a pasar o que esperábamos: despidos, violación de dereitos e precariedade.

Despidos, violación de dereitos e precariedade no Servizo de Axuda ao Fogar
2048px-Casa_do_concello_de_Chantada
Casa_do_concello_de_Chantada. Bene Riobó, CC BY-SA 4.0 <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0>, via Wikimedia Commons

As nosas compañeiras do SAF CHANTADA, Elisabeth e Ángeles, foron despedidas pola empresa SAMAIN (CLECE) alegando baixo rendemento, atopándose de baixa.

Non son as únicas despedidas deste xeito irregular. Noutros concellos, como o de Ourense está a pasar o mesmo.

A empresa CLECE trata de acadar o máximo beneficio posible a costa dos dereitos das traballadoras, instaurando a precariedade, violando dereitos e non respectando as condicións previas que as traballadoras tiñan no concello, cando así o establece a lei. Todo isto co visto bo dos alcaldes e gobernos locais responsables das privatizacións, e que miran cara outro lado ante estes incumprimentos graves da concesión.

Antes da privatización, o alcalde de Chantada asegurounos que as condicións ian ser as mesmas, que iamos a estar millor. Unha vez mais, comprobamos que todo foi unha mentira co único obxectivo de converter o servizo de axuda no fogar nun negocio para CLECE. Trala privatización o goberno local aumentou a partida para o servizo, converténdose nun servizo mais caro para todas e todos, pero cunha asistencia moito peor para as usuarias e usuarios.

Pese ao aumento presupuestario, séguese sen facilitar EPIS (non son só mascaras e luvas) ás profesionais, co conseguinte risco para usuarias e traballadoras.

Non se abonan quilómetros que antes se pagaban, e a partida por quilómetro baixou, pese a ter unhas das peores corredoiras (non se lles pode chamar estradas) entre as parroquias do municipio, con conseguinte prexuízo para os vehículos das traballadoras que a diario teñen que recorrelas.

O alcalde D. Manuel Lorenzo Varela e o seu grupo seguen a mirar cara outro lado ante tanta desfeita, incluso regalándolle a CLECE un local público durante 5 meses, cando tiña que ter local propio para desenrolar a súa actividade según constaba nos pregos.

As traballadoras non nos imos render e acudiremos onde teñamos que acudir para defender os nosos dereitos, e seguiremos a denunciar a prestación dun mal servizo cun coste moi superior ao que tiñamos antes da privatización. Todas sabemos que este sobrecoste é o beneficio para CLECE.

#Esiximos a readmisión das compañeiras e que o gobernos local esíxanlle responsabilidades a CLECE.

Despidos, violación de dereitos e precariedade no Servizo de Axuda ao Fogar