Día Universal dos Dereitos da Infancia

Día da Infancia: Protagonistas da nosa educación

A Entidade Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas xunto coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia conmemoran o Día Universal dos Dereitos da Infancia

Día da Infancia: Protagonistas da nosa educación
Día Dereitos Infancia
Día Dereitos Infancia

16 novembro, Vilardevós.-  O C.D.R. Portas Abertas festexa en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia galega o Día Universal da Infancia.

O acto ao que asistirán todos os nenos e nenas participantes das actividades que se levan a cabo na sede da entidade, así como a Coordinadora de persoal do centro, Tamara Balboa, que pretende facer visible as demandas dos nenos, nenas e adolescentes do C.D.R. Portas Abertas sobre os seus dereitos, centrándose na Convención sobre os Dereitos do Neno.

Os aspectos sobre os que se quere incidir son os seguintes:

  • A importancia dunha educación de calidade no medio Rural. Debido a falta de NNA no medio Rural son moitos os colexios que ven recortados os recursos de profesorado e limitado o seu presuposto anual.
  • Cada vez máis son os nenas e nenas que non poden acceder a actividades extraescolares por mor da falta de servizos no medio Rural.
  • A época de pandemia que nos tocou vivir puxo sobre a mesa a necesidade de acceso universal a Internet para todos os nenos e nenas. O medio Rural precisa os mesmos servizos que o medio urbano.
  • A importancia de atraer a novas persoas poboadoras, preferentemente con familia, para parar o peche arbitrario das escolas do medio rural galego.

Estas demandas serán expostas o 18 de novembro facendo un chamamento aos responsables das políticas de infancia en Galicia, así como sensibilizar a poboación rural da necesidade de unha educación pública e de calidade no noso territorio, no acto que terá lugar en Vilardevós ás 16.00h horas.

Programa:

 

  • 16.00 Recepción dos nenos e nenas e presentación das actividade.
  • 16.15 Breve introdución sobre os temas a tratar e a actividade lúdica a desenvolver.
  • 16.20 Exposición sobre a importancia do cumprimento dos Dereitos da Infancia, sobre todo aqueles baseados no ámbito Rural, así como a enumeración de cada un deles.
  • 17.00 Comezamos a actividade lúdica que dará a coñecer e a profundizar os dereitos da infancia os Nenos e Nenas.
  • 18.00 Finalizamos a actividade.

Acto central Día Universal dos Dereitos da Infancia

O mesmo día 20, a Plataforma de Infancia de Galicia conmemora o día universal dos Dereitos da Infancia cun acto central que será retransmitido en directo (https://www.youtube.com/channel/UCmaF2ovIXbS2bK1eLpdvBGg #infanciagalicia). Trátase dunha xornada festiva que conta coa participación infantil de nenos e nenas de 6 colexios de Galicia en presencia da Conselleira de Política Social, Fabiola García, e do presidente da POIG, Xesús Vilas.


 

Día da Infancia: Protagonistas da nosa educación