Foi presentada ó Concello pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública

Moción sobre Sanidade Pública aprobada en Oleiros

Alégranos anunciar que o Concello de Oleiros aprobou hoxe a moción presentada por esta Coordinadora, na que se instaba á condena do peche de camas dos hospitais galegos que tódolos veráns fai o actual goberno da Xunta de Galicia, cando temos mais de 300.000 galegos e galegas que están en listas de agarda.

Moción sobre Sanidade Pública aprobada en Oleiros
cropped-twitter-01_qr
cropped-twitter-01_qr

Fuente: Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública | JR | 30/06/2016

Na mesma moción condénase tamén o bloqueo das axendas na tempada estival, o que provoca aínda mais o incremento das listas de agarda.
E finalmente na moción se instaba ao goberno central á derrogacións das leis 15/1997, 16/2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución.
Votaron á favor da moción os grupos Alternativa dos Veciños, PSOE e BNG, e votou en contra o Partido Popular.
Este é o camiño, só cos cambios lexislativos necesarios se garante unha sanidade pública e de calidade, apartándoa da especulación e do negocio do sector privado.
O resto só son boas palabras.
Parabéns ao Concello de Oleiros por solidarizarse ca cidadanía que está a sufrir os recortes sanitarios.

Moción sobre Sanidade Pública aprobada en Oleiros