Buscar
12:29h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Letras Galegas

Un libro e un sorriso para festexar as Letras

Ramalletes editoriais é a campaña na que participa a Biblioteca do Ágora e que se vén de lanzar para a celebración do día das Letras 2017.

Fotografía en Facebook de Ramalletes editoriais.
Fotografía en Facebook de Ramalletes editoriais.

Ramalletes editoriais é un programa que desenvolverá unha xornada dedicada a edición (o próximo venres 5 de maio) e unha campaña nas redes sociais que convida as lectoras e lectores a partillar unha fotografía dun libro en galego+un elemento natural+un sorriso.

A xornada, que terá como escenario do Centro Ágora, conta cos seguintes actos:

9.30 horas Visita á biblioteca e presentación dos ramalletes

10.30 horas. Charla coloquio editoras galegas: Apiario, Patas de Peixe e Chan da Pólvora.

11.30 horas Pausa café

12.00 horas Actuación de Cristina Montero (danza contemporánea)

12:30 horas Desprazamento a Apiario e visita á editora.

Na proposta para as redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) suxírese que o libro, se pode ser, estea editado por unha pequena editora (as protagonistas do evento) e que se engadan os cancelos #ramalletesbmc e #letrasgalegas2017.

As organizadoras xa teñen un feixe de ramalletes no Facebook:

https://www.facebook.com/pg/bibcoruna/photos/?tab=album&album_id=10154529538047514

E ofrecen tamén unha guía de lectura coa selección de materiais das pequenas editoras:

http://es.calameo.com/read/00349212781e15beee082

Tamén partillaron o vídeo presentación da proposta:

https://youtu.be/99pBziG_T58

Ramalletes editoriais 3