Libros

«Ritual para unha tribo capital de concello» preséntase o mércores en Outeiro de Rei

Poemario de Manuel María

«Ritual para unha tribo capital de concello» preséntase o mércores en Outeiro de Rei
Poemario de Manuel María
Poemario de Manuel María.

A Fundación Manuel María informa nunha nota de prensa da presentación este mércores da reedición do poemario de Manuel María Ritual para unha tribo capital de concello. A presentación será levada a cabo pola profesora de literatura de Educación Secundaria, Eva Teijeiro, e o secretario da Casa-Museo, Alberte Ansede.

O poemario, editado por primeira vez en 1986, "é un canto lírico-etnográfico onde a intimidade, as lembranzas e a historia persoal e colectiva, as vivencias, as identificacións coa natureza, os retratos de familia, a denuncia social, as romarías, as lendas, os ritos, os traballos… fanse presentes no espazo vital dunhas xentes e dun pobo que o escritor ama, que sente seu e que ergue poeticamente desde a lembranza da sua infancia para ir avanzando no tempo até o presente-futuro do seu non ser físico".

Saleta e Manuel


 

«Ritual para unha tribo capital de concello» preséntase o mércores en Outeiro de Rei