Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

As augas superficiais dos ríos están altamente contaminados por glifosato

Denunciamos que a Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil realiza CERO mostraxes de glifosato nos ríos da súa cunca mentres a Demarcación Galicia Costa, a cunca do norte de Galicia, realiza 116 puntos de mostraxe ou por exemplo as 173 mostraxes realizadas Demarcación do Duero.

As augas superficiais dos ríos están altamente contaminados por glifosato
Ríos contaminados
Ríos contaminados
  • Das 116 mostraxes de glifosato realizadas na Demarcación Galicia Costa o 69,9% dan positivo e nalgúns casos con niveis de concentración de glifosato por enriba de 0,1mg..
  • O  glifosato é un herbicida utilizado masivamente en agricultura convencional catalogado pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) como probable canceríxeno en humanos, e tóxica para os organismos acuáticos, con efectos nocivos duradeiros.
  • Os resultados do estudo mostran a ampla contaminación con glifosato das augas superficiais e a urxencia de prohibir o seu uso.

Este informe analiza a presenza de glifosato en só 10 das 17 demarcacións  hidrográficas durante os anos 2017 e 2018, xa que MITECO unicamente dispón de datos sobre o  glifosato de 10 das das 17 demarcacións  hidrográficas españolas, dado que determinados organismos de conca, como a Confederación  Hidrográficas do Miño Sil, non analizan  glifosato nas augas da súa competencia. A isto hai que sumar que o  MITECO non ten todas as analíticas realizadas polas autoridades responsables. Segundo Ecoloxistas en Acción, os datos -que foron proporcionados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) en resposta a unha petición da organización ecoloxista- subliñan as deficiencias da lexislación europea e española. Tamén a necesidade de que as administracións autonómicas e estatais actúen para reducir a contaminación deste praguicida no medio acuático.

As analíticas de  glifosato realizadas polos organismos de conca durante os anos 2017 e 2018 confirman a elevada presenza nos nosos ríos do herbicida máis vendido no Estado español. Esta é unha das principais conclusións do informe ‘Glifosato. Unha praga para a saúde dos nosos ríos’, publicado por Ecoloxistas en Acción. 

As análises mostran a presenza de  glifosato nas dez demarcacións  hidrográficas nas que se analiza este herbicida tóxico. No 29% das mostras detectouse a presenza de  glifosato por encima do límite de detección. O 21% das mostras analizadas han superado o valor límite de 0,1 microgramos por litro (μg/l) que Ecoloxistas en Acción estableceu como referencia.

Á luz dos resultados do informe facemos tres recomendacións ao MITECO e ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación:

  1. Retirar a autorización á comercialización de produtos fitosanitarios que conteñan glifosato.
  2. Redactar normas harmonizadas para a mostraxe e a analítica de praguicidas por parte dos xestores das demarcacións  hidrográficas.
  3. Asegurar que a recollida de información sobre presenza de praguicidas sexa máis completa e axustada á realidade e sirva, á súa vez, como punto de partida para protexer os nosos ríos ao  medioambiente e ás persoas, da contaminación por glifosato.

As augas superficiais dos ríos están altamente contaminados por glifosato