Ecoloxistas en acción | nota de prensa

Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago en Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción denuncia que no Concello de Fonsagrada preténdese construír sobre o Camiño de Santiago primitivo unha ampla rotonda de circunvalación de acceso a un polígono industrial que ocasionaría a destrución completa dun tramo  do “Camiño Primitivo” catalogado como “Patrimonio da Humanidade” pola Unesco e “ben de interese cultural” pola Xunta de Galicia.
Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago en Fonsagrada
photo_2021-05-31_13-45-32
photo_2021-05-31_13-45-32

A organización ecoloxista alerta de que  plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia e o Goberno Municipal, sitúan o desenvolvemento do polígono industrial na marxe dereita da estrada  Fonsgrada-Lugo na parroquia de Padrón, dita localización invade as distintas zonas por onde discorre o camiño .   

O polígono industrial de Fonsagrado está situado dentro do ámbito delimitado do Camiño de Santiago aprobado  (decreto 267/2012 do 5 de decembro),  e cuxa delimitación ten por obxecto a protección da paisaxe inmediata ao camiño e as vistas sobre a paisaxe máis afastada. O criterio utilizado por esta norma é a necesidade de protexer os elementos vinculados ao camiño e a súa contorna máis próxima como son os noiros, bosques, prados e construcións tradicionais. Dándose ademais a circunstancia de que a ambas as marxes do posible futuro polígono discorren dous regatos.  

Sinalan que de levarse a cabo suporía dano irreparablea un ben “patrimonio da humanidade” e que non se entendería que a Xunta non o protexese un patrimonio catalogado. Critican a idoneidade dun investimento público deste importe neste lugar e neste momento, cando precisamente nos últimos 10 anos a dismunición da actividade industrial foi considerable deixando valeiros numersos parques industriais ao ancho do país. 

Ecoloxistas en Acción solicita ás institucións implicadas que non sigan cun proxecto que suporía a degradación deste tramo do camiño primitivo e unha perda do patrimonio cultural e paisaxístico que afectaría aos veciños, visitantes e peregrinos de hoxe e vindeiros.

 

Comentarios
Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago en Fonsagrada