Medio ambiente

Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Valedor do Pobo o abandono das presas mineiras en San Finx

A organización ecoloxista solicitalle ao Valedor que realice os trámites oportunos demandando información e informes á DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS, así como á Dirección de AUGAS DE GALICIA, procedendo á investigación dos feitos producidos e deslindando as correspondentes responsabilidades dos funcionarios, autoridades e administracións actuantes.
Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Valedor do Pobo o abandono das presas mineiras en San Finx
Regato das Pesqueiras de cor naranxa augas a baixo da mina
Regato das Pesqueiras de cor naranxa augas a baixo da mina

Ecoloxistas en Acción

Asimesmo que, independentemente das recomendacións ou advertencias que caiba emitir no seu debido momento, se durante o trámite apreciásense indicios suficientes de criminalidade solicita ao Valedor do Pobo que os poña en coñecemento do Ministerio Fiscal.

A Xunta di agora que as balsas de lodos serían en realidade parte dun muíño de millo. En resposta a sucesivos escritos de entidades ecoloxistas de Galicia, a adopción de medidas en relación a estas presas de residuos mineiros, o departamento de minas da Xunta de Galicia afirmou en 2019 e 2020, en contra de todo criterio e a numerosísima documentación obrante nos expedientes mineiros, que a maior das presas non é unha instalación de residuos mineiros, se non que estaría demostrada “a concepción e uso hidroeléctrico da presa de formigón maior” segundo informe da Xunta de xaneiro de 2019, a pesar da inexistencia de central hidroelétrica algunha, e máis recentemente, que a presa de residuos mineiros que pecha un val cun dique de formigón de 50 metros de ancho e 12 metros de alto, con capacidade para aproximadamente 40.000 m3 de lodos, sería non unha instalación de residuos mineiros se non un represa para un muíño para moer millo situado augas abaixo, segundo informe de febreiro de 2020.

As Nacións Unidas continúan coa investigación sobre a falta de cumprimento de trámites ambientais, procedemento no que se encontra personada Ecoloxistas en Acción. Na “Resolución do 28 de decembro de 2009 de aprobación dos proxectos de explotación, de restauración e de mellora das instalacións de tratamento do Grupo Mineiro San Finx" o Director Xeral de Enerxía e Minas, D. Anxo Bernardo Tahoces, suprime toda mención ao condicionante de presentar un estudo de impacto ambiental imposto pola Resolución firme do 30 de decembro de 2008. Desaparece por completo toda mención ao condicionante do trámite ambiental, sen MEDIAR NINGÚN CAMBIO LEXISLATIVO en relación á lexislación de impacto ambiental. SIGNIFICATIVAMENTE, NOS PROXECTOS DE EXPLOTACIÓN E RESTAURACIÓN PRESENTADOS E APROBADOS DESAPARECEN POR COMPLETO AMBAS AS PRESAS DE RESIDUOS MINEIROS N.º 1 E N.º 2, e que constaban como tales no último Plan Anual de Labores presentado con anterioridade, en 2000. Deste xeito, a Administración procedeu á ocultación das presas de residuos mineiros existentes na explotación, de modo que nin o proxecto de explotación nin o plan de restauración contemplancalquera medida para o desmantelamento destas instalacións de residuos mineiros e a restauración do espazo natural afectado polas mesmas.

A rotura das ruinosas balsas de decantación ocasionaria un daño ao ecosistema mariño da ría de Muros que imposibilitaría o marisqueo durante décadas. As diversas grietas nos paramentos das presas e a súa apariencia ruinosa non parece que garantan estabilidade estructural nin a corto plazo. Se a actual propietaria nin a administración competente se fan cargo e ditas balsas pode producirse a rotura dos muros de conteción, o que suporia que os sedimentos con alto contido en metais pesados chegaran ao mar a través do río das Pesqueiras tributo do río Vilacoba que desemboca na ría de Muros. Uns ríos que xa presenta augas a baixo da mina altas concentracións de cadmio, zinc e cobre. A contaminación por metais pesados suporía o peche do banco de marisco da ría de Muros durante décadas e a ruina de miles de familias que viven da súa explotación.

(Ver documento)

Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Valedor do Pobo o abandono das presas mineiras en San Finx