Medio ambiente

Ecoloxistas en Acción envía apercibimento por erros na concesión mineira de Alberta I

Ecoloxistas en Acción apercibe á Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e ao Xefe da Sección de Avaliación Ambiental para que rectifiquen o seu informe e engadan a esixencia da realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental.
Ecoloxistas en Acción envía apercibimento por erros na concesión mineira de Alberta I
1
1
  • Ecoloxistas en Acción denuncia que está tramitando a concesión mineira de explotación do PERMISO DE INVESTIGACIÓN ALBERTA I - 1ª FRACCIÓN (OU/C/04966.1) con exención do procedimento de evaluación de impacto ambiental cando nesta explotación súbterranea se dan todas e cada unha das circunstancias previstas no Anexo I del Real Decreto Legislativo 1/2008, Grupo 2: Industrias extractivas, b) Minería subterránea que esixen a realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental.
  • O Instituto Geológico y Minero de España (informe 23/01/2014) xa alertara da necesidade de someter o proxecto ao trámite de avaliación de impacto ambiental ante a posibilidade de formación de augas ácidas de mina e ao risco de subsidencia pola proximidade a núcleos habitados.
  • Ecoloxistas en Acción apercibe á Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e ao Xefe da Sección de Avaliación Ambiental para que rectifiquen o seu informe e engadan a esixencia da realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental.
  • Ecoloxistas en Acción Ecoloxistas advirte a ditos xefes de servizo que iniciarán accións legais contra eles. no caso de non realizarse dita modificación e aprobarse a concesión mineira exenta da realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental.

A Concesión de Explotación Directa que se tramita agora afectaría a unha superficie de 60 cuadrículas mineiras (1.500 hectáreas), nos concellos de Avión (parroquias de Baiste e Couso), Beariz (parroquias de Beariz e Xirazga), Forcarei (parroquias de San Miguel e Santa María de Presqueira), A Lama (parroquias de Varcia do Seixo e Seixido) e Cerdedo (parroquias de Cerdedo e Folgoso).

A primeira fase inicial do proxecto ALBERTA I, en 2013, propoñía una explotación por minería subterránea para a zona norte do permiso de investigación denominada “Presqueira”, contigua aos lugares de Outeiro, Guisande, San Miguel, Morgade e Barro (Concello de Forcarei) e Carballás (Concello de Cerdedo). Nesta fase inicial referéncianse os informes do IGM e Sociedade Galega de Historia Natural.

O anexo 1 dá Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental determina que están entre vos “Proxectos sometidos á avaliación ambiental ordinaria regulada no título II, capítulo II, sección 1.ª”: b) Minería subterránea nas explotacións nas que se dea algunha das circunstancias seguintes:

  1. Que o seu  paragénesis poida, por  oxidación,  hidratación ou disolución, producir augas acedas ou  alcalinas que dean lugar a cambios no  pH ou liberen ións metálicos ou non metálicos que supoñan unha alteración do medio natural.
  2. Que exploten minerais radioactivos.
  3. Aquelas cuxos minados atópense a menos de 1 km (medido en plano) de distancia de núcleos urbanos, que poidan inducir riscos por  subsidencia.

Sociedade Galega de Historia Natural informa (15/01/2014) que “as formacións xeolóxicas que conteñen tantalita poden presentar asociados minerais que conteñen torio e outros elementos radioactivos” solicitando expresamente no seu punto 4º “Que o estudio de impacto ambiental avalíe con detalle e rigor a presencia de torio e outros elementos radioactivos asociados aos minerais (tantalita e casiterita) que se pretenden explotar e, no caso de que estean presentes no xacemento, explicite as medidas previstas para evitar afecións negativas sobre a saúde humana e dos ecosistemas”.

O informe do IGME ademais de alertar da necesidade de someter o proxecto ao trámite de avaliación de impacto ambiental, indica, de feito, os condicionantes a seren impostos como parte dun “Plan de seguimento e vixilancia” que veña a adoptarse na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Destácanse os seus puntos 3. (“Previsión de generación de aguas ácidas”), 4. (“Hidrología y aguas superficiales”) e 5. (“Subsidencia minera”).

A Comisaría de Augas da Confederación Hidrógráfica Miño-Sil emite (27/11/2019) Informe A/32/23220, DESFAVORABLE ao proxecto presentado. Na páxina 14 do informe indícase respecto á calidade das augas e das verteduras o seguinte: “Todas as augas residuais xeradas dentro do perímetro da explotación, incluíndo as augas de  escorrentía provenientes do vertedoiro e das instalacións auxiliares, provisións de materiais, zona de lavado, pistas e as provenientes das  bocaminas deberán ser depuradas, de forma que as verteduras realizadas non supoñan o incumprimento das normas de calidade establecidas na normativa vixente.”

A propia  Memoria do proxecto recoñece que “a explotación mineira está a unha distancia en plano inferior a 1 km. do núcleo urbano máis próximo, as parroquias [sic] de Doade e Acevedo” (no caso das vivendas de Acevedo, a menos de 300 metros) o que indica claramente que concorre o 3º factor que condiciona a necesidade de avaliación de impacto ambiental

É incomprensible que o órgano ambiental poida excluir do ámbito obxectivo do trámite de avaliación ambiental un proxecto de minaría subterránea no que, tratándose de filóns de pegmatitas nos que, pola súa paraxénese, é inevitábel a presenza de sulfuros xeradores de augas ácidas de mina.

Non pode nin a empresa peticionaria nin a Administración obviar o impacto deste tipo de explotacións, que é coñecido por outras minas similares noutras partes do planeta, sendo de feito un dos problemas ambientais asociados á explotación de xacementos de litio en diques ou filóns pegmatíticos. Lamentabelmente, esas “medidas preventivas que son normalmente obrigatorias na meirande parte dos países para mitigar as drenaxes ácidas de mina” non parecen ser concebíbeis nin para a peticionaria nin para a Administración galega, que co proxecto proposto, nos seus termos actuais, provocarán con alta probabilidade un impacto ambiental tan significativo como innecesario.

Por último, hai que destacar que, do mesmo xeito que o Tribunal de Xustiza xa sinalou en relación coa Directiva 85/337, o obxectivo da Directiva modificada non pode eludirse mediante o fraccionamento dun proxecto e que o feito de que non se considere o efecto  acumulativo de varios proxectos non debe ter como consecuencia práctica que se subtraian na súa totalidade á obrigación de avaliación cando, considerados conxuntamente, poidan ter efectos significativos no medio ambiente.
Comentarios
Ecoloxistas en Acción envía apercibimento por erros na concesión mineira de Alberta I