Medio ambiente

A inxusta fiscalidade dos montes veciñais

O Parlamento Galego ten a oportunidade de rematar coa inxusta fiscalidade que sufren as comunidades de montes galegas. A ORGACCMM solicita ás forzas políticas con reprsentación no Parlamento que presenten enmendas á primeira revisión do novo Plan Forestal para acabar con esta inxusticia que lastra a xestión dos montes veciñais.
A inxusta fiscalidade dos montes veciñais

No recente informe “Impacto da fiscalidade na rentabilidade das plantacions forestais e montes veciñais de Galiza”[*]  sinálase a inxusta fiscalidade que se lle aplica as comunidades de montes, xa que o monte veciñal non é unha sociedade mercantil.

Desde que no ano 2000 o goberno español situou os montes veciñais en mán común como suxeitos pasivos no Imposto sobre sociedades, a Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM), foi a única entidade relacionada co monte que manifestou a inxustiza de este feito.

O Partido Popular, tanto no Parlamento Galego como nas Cortes Xerais do Estado, tivo cos seus escaños a posibilidade de rematar con esta inxustiza. Mais votou sempre en contra das múltiples iniciativas parlamentares do grupo do BNG en ambas sedes parlamentarias.

A ORGACCM resalta que o recente estudo “Impacto da fiscalidade na rentabilidade das plantacions forestais e montes veciñais de Galiza” reflicte unha dianose atinada do problema fiscal dunha doble tributación que padecen as comunidades de montes galegas. Sen embargo os investigadores e as investigadoras non prantexan o tratamento fiscal acaído para rematar con esta inxustiza.

Desde a ORGACCMM reclaman sacar aos montes veciñais da categoría de suxeitos pasivos no imposto sobre sociedade e elaborar unha fiscalidade para os montes veciñais. Unha fiscalidade feita en Galiza e tendo en conta a singularidade e as funcions sociais que cumplen os montes veciñais en mán común.

[*] Realizado por investigadores/as da universidade de Compostela ,da Politecnica de Madrid e do centro de formación e experimentación agroforestal de Becerrea.

A inxusta fiscalidade dos montes veciñais