Medio ambiente

Nace a Asociación Interprovincial Española Para a Protección e Defensa da Auga

Un nutrido grupo de persoas, de varias comunidades autónomas, representando a diversas asociacións e plataformas veciñais, acaban de poñer en marcha unha asociación, de nome e lema “Defendemos TU agua”, e á que convidan a sumarse a outras asociacións que defenden a natureza, concellos, veciños, familias e empresas de turismo, alimentarias ou agroecolóxicas, e que estean preocupadas pola grave situación da auga en España.
Nace a Asociación Interprovincial Española Para a Protección e Defensa da Auga
Defendemos TU agua
Defendemos TU agua

A asociación canalizará, a través de este gran colectivo, calquera problema que doutra forma solo afectaría a un pobo ou familia, facendo que a unión sexa de gran eco e forza ante calquera institución ou empresa de augas.

Son varios os factores que conlevan a perda da calidade e escaseza da auga, pero, principalmente, son as actividades realizadas polo ser humano as que están ocasionando unha contaminación que repercute na saúde das persoas que consumimos esa auga. Algunhas industrias, a crecente minaría, a agricultura e gandeiria intensivas, a falta de plantas depuradoras, etc., están contribuíndo a que se aceleren o cambio climático e a desertización, e de modo máis inmediato, están levando a que un porcentaxe alto de pobos non poidan consumir auga potable polo seu alto contido en nitratos e nitritos principalmente, pero tamén por outros moitos contaminantes, ata o punto de non saber o estado da auga que beben.

 “Defendemos TU agua” é unha asociación que carece de ideoloxía política algunha, e os seus obxectivos son:

  1. Difundir, promover, implicar e impulsar a participación dos usuarios, plataformas e asociacións, no uso responsable e defensa da auga.
  2. Coordinar os criterios de utilización dos aproveitamentos de augas subterráneas e de superficie, como canalizadores entre os usuarios, asociacións e as autoridades e/ou empresas relacionadas coa auga.
  3. Instar ao uso e aproveitamento racional, sostible e equitativo da auga.
  4. Propoñer e coordinar accións encamiñadas á protección e defensa dos aproveitamentos da auga.
  5. Obter axudas das Administracións Públicas e de calquera tipo que se poidan percibir para a protección dos cursos de auga e manter a calidade.
  6.  Promover, difundir, organizar, participar e realizar toda clase de actos e divulgación en materia de augas, así como calquera outra acción de colaboración con outras asociacións e administracións públicas.
  7. Reclamar ás administracións a mellora da información e o coñecemento sobre a auga e os sistemas hídricos asociados, así como o seu seguimento no tempo en toda a súa extensión, para o cumprimento da Directiva Marco da Auga da UE.

Con este proxecto e ideario búscase difundir e estimular os procesos de participación dos usuarios e asociacións, na toma de decisións e impulsar, de maneira coordinada, a subscrición de acordos, aos efectos da súa preservación, administración, explotación e protección da auga en xeral.

Así mesmo, e dado o carácter de protección e defensa medioambiental que posée esta asociación, tamén se compromete a combater todo o dano que estes contaminantes poden causar antes da súa chegada ao medio acuático, como é a destrución de hábitats e as afeccións a todo tipo de fauna e flora.

Nace a Asociación Interprovincial Española Para a Protección e Defensa da Auga