Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Reclaman a Medio Ambiente Ourense que adopte as medidas necesarias para non volver cometer os erros desta tempada de aniñamento da cegoña branca

Amigas das Cegoñas, a Sociedade Galega de Historia Natural e Ecoloxistas en Acción reuníronse coa xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, co xefe do Servizo do Patrimonio Natural e co axente ambiental ao respecto da deficiente atención aos aniñamentos de cegoña Branca, unha ave protexida por lei.
Reclaman a Medio Ambiente Ourense que adopte as medidas necesarias para non volver cometer os erros desta tempada de aniñamento da cegoña branca
photo_2021-07-19_20-55-25
photo_2021-07-19_20-55-25

As organizacións ecoloxistas solicitan que, unha vez que a xefatura territorial de Medio Ambiente recoñece a falta de experiencia e a comisión de erros ante a nidificación das cegoñas na cidade, deben adoptarse as medidas necesarias para evitar que se comentan de novo nas seguintes tempadas de aniñamento.

A deficiente actuación da Consellería de Medio Ambiente de Ourense foi trasladada á reunión e completada cun escrito rexistrado no que demandaron copias dos distintos informes oficiais que pudieran sustentar a actuación da administración: informe e resultado necropsia do polo falecido e trasladado ao Centro de Recuperación da Fauna do Rodicio; informes dos axentes medioambientais;  copias das gravacións, fotos e outra documentación gráfica e o protocolo de actuación administración e empresa privada onde aniñaban as cegoñas.

A xefatura territorial admitiu a falta de reacción e rapidez en determinados momentos como o de decidir non trasladar os polos do niño de Barrocás ao Centro do Rodicio e non ter actuado antes na atención ao polo do niño de Bispo Carrascosa que, finalmente, faleceu.

As organizacións ecoloxistas lembran que a administración podía ter consultado con expertos e outras administracións a fin de non cometer eses erros que, ao fin, levaron a deixar desamparados exemplares de cegoñas brancas protexidas por lei. As representantes das tres entidades demandaron solucións, non so na propia xuntanza senon con anterioridade, e nunca houbo vontade por parte da administración de ter o control do tema.

A situación xa fora trasladada, de xeito insistente, polas tres entidades que dirixiron escritos á Valedora do Pobo e aos Ministerios de Cultura e Deporte e de Transición Ecolóxica. A primeira admitiu a trámite as queixas recibidas pero aínda na actualidade espéranse respostas.

Ademais, as tres entidades non descartan recorrer a instancias superiores da Xunta de Galicia, como a Dirección Xeral do Patrimonio Natural, para facer valer precisamente, a lei do patrimonio natural e de biodiversidade do 2019.

Comentarios
Reclaman a Medio Ambiente Ourense que adopte as medidas necesarias para non volver cometer os erros desta tempada de aniñamento da cegoña branca