Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Solicitan ao Ministerio que denegue as aterraxes da eólica mariña a través das praias

Ecoloxistas en Acción solicita ao Ministerio para  Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que rexeite os proxectos de eólica mariña que conlevan aterraxes das liñas de evacuación da enerxía a través de praias

Solicitan ao Ministerio que denegue as aterraxes da eólica mariña a través das praias
noname (1)
Praia da Limosa

Os  aterraxes das  líñas de evacuación enerxéticas conlevan un gran impacto ambiental polo que estas deben acometerse por zonas xa degradadas ambientalmente e non por zonas de alto valor ecolóxico. O despregamento das  lineas de evacuación carrexa a apertura de gabias de considerables dimensións e a cimentación de fixacións tanto no trazado mergullado como no parte terrestre ata a arqueta sen conexión.

Ecoloxistas en Acción alerta que no proxecto inicial tanto do Parque Eólico Mariño San Brandán como no de San Cibrao, ambos de Iberdrola, as localizacións dos aterraxes están claramente escollidas por criterios exclusivamente economicistas e non tendo en conta minimizar o impacto ambiental que causan.

As alternativas escollidas en ambos proxectos para o  aterrxe da evacuación enerxética son a través de areais cando nas inmediacións existen zonas degradadas como instalacións portuarias, embarcadeiros ou polígonos industriais.

Así o documento inicial do Parque Eólico Mariño de San Brandán propón como válidas tres alternativas de aterraxe e as tres a través de praias: a alternativa 2a con aterraxe na praia de Esteiro, a alternativa 2b con aterraxe na praia de Portocelo e a alternativa 2c a través da praia da Limosa. Tamén no documento inicial do Parque Eólico Mariño de San Cibrao se propoñen as mesmas praias os únicos aterraxes viables.

Ecoloxistas en Acción demanda ao Miterd que rexeite estos proxectos se isto non se corrixe e os aterraxes se proxectan a través de zonas degradadas. O trazado da liña de evacuación non pode responden aos criterios meramente economicistas que pretende impoñer a empresa solicitante.

Solicitan ao Ministerio que denegue as aterraxes da eólica mariña a través das praias