Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Solicitan unha moratoria do 5G a máis de 80 concellos galegos

A Coordinadora galega pola moratoria do 5g (*) presentou a súa petición de moratoria desta tecnoloxía nos concellos galegos implicados no seu despregamento, por non atender ao principio de precaución e afondar na crise eco-social actual.

Solicitan unha moratoria do 5G a máis de 80 concellos galegos
5G
Moratoria do 5G

Entidades sociais de todo o estado, que integran a cerca de 1.000 organizacións (veciñais, ecoloxistas, persoas afectadas de enfermidades ambientais e de sensibilización central, do sindicalismo agrario…), xa apoiaron a petición de moratoria impulsada por dita Coordinadora.

Consideran urxente abrir un debate social plural e que os plans de estímulo europeos Next Generation EU deixen de introducir a extensión do 5G como condición de acceso.

Lembran as chamadas de institucións e expertos que apelan a unha avaliación en ámbitos como os da saúde, ambiental, climático e enerxético.  Se no estado español, o seu Valedor do Pobo xa cuestionou que o Plan do 5G e os seus proxectos pilotos non atendera ao principio de precaución nin a avaliación ambiental, en países como Francia, diferentes institucións consultivas deron a alerta: a súa Convención Cidadá polo Clima xa reclamou a moratoria do seu despregamento “á espera dos resultados da avaliación do 5G no ámbito da saúde e do clima”, ao tempo que o seu Alto Consello para o Clima alertou en decembro do 2020 do forte e insostíbel impacto enerxético e climático de dita tecnoloxía que non contou cunha avaliación nin debate previo.

Na súa petición municipal aos concellos, a coordinadora expón os datos e informes que apuntan que este proceso de dixitalización do 5G e do Internet das cosas aumentan de forma exponencial a exposición ás radiofrecuencias, ás emisións de CO2 e o consumo enerxético, o extractivismo mineiro, a obsolescencia tecnolóxica e o hiperconsumismo, a insostíbel e contaminante agro-gandaría intensiva na súa versión 4.0, a vixilancia e control social, a dependencia tecnolóxica e as conductas adictivas, o lixo electrónico terrestre e espacial, así como compromete á predición meteorolóxica e climática e o estudo astronómico.

Lembran que lonxe de ser inmaterial, as emisións de gases de efecto invernadoiro del sector dixital convencional en 2019 xa dobraron as que tiña o transporte aéreo civil, e teñen unha previsión de alcanzar o 8% en 2025 e o 14% en 2040, ao tempo que diferentes expertos consideran que coa tecnoloxía 5G e o seu Internet das Cousas (previsión de 1 millón de dispositivos conectados po km2) aumentarían “drasticamente as emisións globais de gases invernadoiro máis alá das proxeccións” dos estudos hoxe coñecidos, sustentados só nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación convencionais. Nesta liña, empresas tecnolóxicas como Vertiv, móstrannos que a rede 5G podería aumentar o consumo enerxético total da rede entre un 150% e un 170% en 2026. Técnicos, como os do Grupo de Enerxía, Economía e Dinámica de Sistemas da Universidade de Valladolid, móstrannos que manter ou aumentar os actuais consumos enerxéticos como os actuais non se poderían paliar cun uso de enerxía 100% renovábel sen traspasar “os límites biofísicos do planeta”.

Expoñen que, co argumento de reducir a brecha dixital, se aumentaría unha brecha social en detrimento de estender outras tecnoloxías biocompatíbeis (igual ou máis rápidas e máis seguras, como o cable de fibra óptica), e de outros modelos de consumo, educación e convivencia, como as baseadas en redes comunitarias.

En canto ao anteproxecto de Lei Xeral de Telecomunicación, solicitan aos concellos que se sitúen  en contra, xa que deixa sen competencias neste ámbito ás administracións autonómicas e locais, non avalía os seus impactos (de saúde pública, enerxético, de pegada de carbono e climática), non atende ao principio de transparencia, nin aos posíbeis conflitos de interese. Incumpre os dereitos de acceso á información, participación pública e acceso á xustiza ambiental.

Dende a Coordinadora Galega, requírese aos concellos abrir un debate plural previo ao despregamento do 5g. Consideran dito debate secuestrado e actualmente condicionado para acceder aos plans de estímulo europeos do “Next Generation EU. Critican que dichos fondos estean comprometidos a un proceso acrítico deste despregamento tecnolóxico, auspiciado e maquillado polo Foro Económico Mundial como “inocuo”, “verde” e “inmaterial”, benfeitor do planeta e da humanidade.

Dita coordinadora súmase ás mobilizacións realizadas en Galicia e no resto do estado para reclamar a participación social na toma de decisións sobre o reparto dos Fondos de Recuperación Económica Next Generation EU, que cuestionan que ditos fondos vaian a parar ás mesmas empresas e sectores industriais relacionados coa grave crise climática e eco-social que padecemos actualmente.

(*) A Coordinadora galega pola Moratoria do 5G, participa da Coordinadora Estatal, confluencia que estende a petición eco-social dunha moratoria do 5G (ver ligazón abaixo). Esta Petición conta co apoio de entidades sociais de todo o estado. Involucra a cerca de 1.000 organizacións do ámbito veciñal, ecoloxista e medio ambiental (como Ecoloxistas en Acción, ADEGA, Comando Ghichas, Luita Verde), de ámbito animalista, de asociacións de enfermidades ambientais (como a Asociación de Sensibilidade Química Múltiple de Galicia), de plataformas STOP 5G, decrecentistas (como a Rede para o Decrecemento de Eo-Navia, Galiza, e O Bierzo), da solidariedade internacional (como o Comité Oscar Romero de Vigo), da educación, de consumidores, das comunidades xitana e mígrante (como Presencia Gitana), do sindicalismo agrario (como o Sindicato Labrego Galego), de defensa do público, da defensa da saúde e contra a contaminación electromagnética.

 

Comentarios
Solicitan unha moratoria do 5G a máis de 80 concellos galegos