Medio ambiente

XII limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

XII limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos
Limpeza dos ríos
Limpeza dos ríos

A Coruña a 27 de setembro de 2019.- A XII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 48 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 70 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición. A limpeza que será o 29 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 48 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En A Coruña no Rio Mesoiro ao seu paso por FeÁns realizará a coordinación da limpeza a Asociación Cultural Hortas do Val de Feáns-

Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/ onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e colaboradoras.

XII limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos