Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Acampa 2018 aborda a crecente criminalización das organizaciones humanitarias que se dedican a salvar vidas

Participarán representantes dalgunha das ONGs que traballan no Mediterráneo salvando vidas e que están a ser perseguidas polos gobernos dos países receptores dos migrantes.

 

Acampa 2018 aborda a crecente criminalización das organizaciones humanitarias que se dedican a salvar vidas
Víctor Viñuales, Consuelo Bautista, Valeria Bello e Pedro Vega
Víctor Viñuales, Consuelo Bautista, Valeria Bello e Pedro Vega

Os fotógrafos galegos Juan Pablo Moreiras e Pedro Armestre realizarán visitas guiadas polas súas exposicións, nas que se amosan os desastres provocados pola humanidade no planeta

A clausura contará coa presenza da actriz galega Isabel Naveira e, previamente, Mundo Sen Guerras organizará un símbolo humano da paz

Acampa 2018 abordará hoxe sábado a crecente criminalización das organizacións humanitarias que se dedican ao rescate de seres humanos en distintas partes do mundo. “Salvar vidas, obriga ou delito?” é o título da mesa redonda que se desenvolverá a partir das 20 horas, na carpa central, nos Xardíns de Méndez Núñez. Aí participarán cualificados representantes de ONGs que se enfrontan á criminalización de estas organizacións, acusadas xudicialmente por tráfico de persoas en Italia e Marrocos. Será o peche das actividades desta iniciativa cidadá polo dereito a refuxio que se fai na cidade da Coruña e que, nesta segunda edición, pon o foco nas migracións por cambio climático.

 

Na mesa redonda, moderada pola xornalista galega Fernanda Tabarés, estará Anabel Montes, xefa de Misión de Open ArmsRamiro García de Dios, un dos primeiros xuíces de control do Centro de Internamento de Estranxeiros de Aluche, ou Federico Pichel Ferreiro, presidente da ONG de rescate AIRE. Presentará o acto Isabel Rey, colaboradora da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas.

 

O programa da terceira e última xornada de Acampa 2018 comezará pola mañá con visitas guiadas ás exposicións fotográficas que, repartidas pola cidade, achegan á cidadanía a crúa realidade dos lugares e persoas desprazadas por guerras, desastres medioambientais ou condicións económicas. O fotógrafo galego Juan Pablo Moreiras dirixirá unha visita guiada, a partir das 11.30 horas, pola súa exposición “Fráxil” que amosa, nos Cantóns (ao aire libre), exemplos das consecuencias en todo o mundo da acción humana sobre o planeta.

 

Ás 12.30 h, o tamén galego Pedro Armestre fará unha visita guiada pola súa mostra “Somalia no olvido”, feita por encargo de Save the children, que se exhibe na sala de exposicións Salvador de Madariaga, e que visibiliza as consecuencias da interacción dos seres humanos co medio, que en tantas ocasións produce un desequilibrio incompatible coa vida.

 

Moreiras e Armestre, xunto con Ariadna Silva, explicarán ás 19 horas na carpa de audiovisuais a historia que hai detrás dunha das fotografías incluída nas súas respectivas exposicións. Antes, ás 17 horas, no mesmo lugar, haberá un encontro con Felipe Carnotto e Adrián Irago, membros do colectivo Fotos Contra a Guerra.

 

Como en días anteriores, activistas de Amnistía Internacional tutelarán unha visita guiada polo campo de refuxiados simbólico que, instalado nos céntricos Xardíns de Méndez Núñez, é o escenario ao redor do que xiran todas as actividades de Acampa. Haberá propostas para a infancia, abertas aos adultos, coma un curso de primeiros auxilios ou un xogo da oca co que Médicos del Mundo ilustra a situación dos países desfavorecidos. Tamén unha sesión vermú a cargo de JDR aka Woll (13.30 horas).

 


Símbolo humano da paz 

 

O acto de clausura de Acampa 2018 será ás 21.30 horas, na carpa central. Estará presentado pola actriz galega Isabel Naveira (da serie de televisión “Fariña”). Previamente, ás 19.30 horas, decenas de persoas están convocadas para formar un símbolo humano da paz. Organizado por Mundo Sen Guerras e sen Violencia, terá como escenario os Xardíns de Méndez Núñez. Porán o broche final a música de MJ Pérez, unha das novas voces do panorama actual da música galega, e mais Maneida. Será a partir das 22.30 horas, igualmente na carpa central.

 

Acampa 2018 aborda a crecente criminalización das organizaciones humanitarias que se dedican a salvar vidas