Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Acampa busca voluntarais y voluntarios para junio 2020

As exposicións fotográficas son sen dúbida un dos principais elementos da iniciativa. A través delas móstrase a realidade das persoas desprazadas e as causas que as empuxan a iso. En todas as súas edicións, Acampa contou co traballo de profesionais do  fotoperiodismo e a fotografía humanitaria de recoñecemento internacional. O prazo para que as fotógrafas e fotógrafos presenten as súas propostas para expoñer nesta cuarta edición de Acampa  pola paz e o  Dereito a Refuxio remata o sábado.
Acampa busca voluntarais y voluntarios para junio 2020
Reprodución dun campo de persoas refuxiadas

Acampa é unha rede transversal, un movemento sen ánimo de lucro en defensa da paz e o dereito a refuxio. Por iso require o traballo voluntario de decenas de persoas que acheguen o seu tempo, o seu coñecemento e a súa ilusión en facer posible -un ano máis e xa van catro- que A Coruña sexa por uns días un centro de atención internacional na defensa das persoas desprazadas forzosamente. A menos de cinco meses de que Acampa tome de novo os Xardíns de Méndez Núñez e as salas de exposicións municipais, a organización busca voluntarios para moi diversas áreas: acompañamento institucional, comunicación e web, loxística, infraestruturas, xestión e administración… “Só fai falta ter ganas e sensibilidade cara a unha realidade que está máis preto do que parece”, explican os promotores da Rede Acampa. “Son moitas as áreas nas que se pode botar unha man, polo que convidamos á cidadanía para regalarnos un pouco do seu tempo e o seu compromiso. Toda axuda é benvida”. Poden facelo a través da seguinte ligazón:

https:// coruna. redeacampa. org/ gl/ faite-voluntaria/

A Rede Acampa lembra, ademais, que hai outras fórmulas para comprometerse co movemento. “Se non teñen tempo para o voluntariado poden, se cadra, prestarnos a súa axuda asociándose á rede cunha mínima cota mensual ou cunha doazón puntual que permita ao movemento medrar”; “queremos que a rede se expanda e poder replicar en outras ciudades e outros países eventos como o que se inaugurará en xuño, unha cita que en só catro edicións consolidouse como un referente internacional na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas e  migrantes cada vez máis pisados pola onda crecente de xenofobia que arrasa o mundo, e para iso necesitamos recursos”, sinalan os responsables da organización. 

Acampa, que naceu na Coruña cunha clara intención internacional, logrou expandirse en tempo  record. Non en balde, verase pronto replicada en Madrid, Brasil e Lisboa. Os seus responsables queren desfacer un equívoco e aclaran que non só as organizacións, colectivos, asociacións ou empresas poden integrarse na rede. “Calquera cidadán pódese converter en membro da mesma e facelo de maneira sinxela” lembran, convidando a facelo a través da ligazón:

https:// coruna. redeacampa. org/ gl/sumar-a- rede/

A mediados de xuño, Acampa  pola paz e o  dereito a  refuxio transformará de novo o centro da Coruña nun espazo denuncia da situación das persoas refuxiadas e  migrantes e as causas que as empuxan a fuxir  dos seus fogares e dos seus países. A organización ten aberto ata este sábado o proceso de selección das exposicións fotográficas sobre o tema que centrará as actividades este ano 2020: o espolio de recursos económicos no planeta e as consecuencias sobre as poboacións locais, que en tantas ocasións vense abocadas á pobreza extrema, o traballo escravo e o desprazamento forzoso. Todos os profesionais da fotografía que queiran participar poderán presentar as súas propostas ata o sábado. A premisa fundamental é que os traballos documenten o tema da edición.

As mostras fotográficas son un dos principais elementos de Acampa para ensinar a realidade das persoas desprazadas e as causas que as empuxan a iso. En cada unha das súas tres edicións, a iniciativa Acampa contou co traballo e a presenza dos e das mellores  fotoperiodistas e profesionais da fotografía humanitaria, qu,  convidados a este encontró, explicaron ao público asistente as realidades que documentan en diversos puntos do planeta. Protagonistas de visitas guiadas polas súas exposicións, analizan non só o que as imaxes plasman senón que revelan o contexto, o porqué de cada fotografía. As mostras, xa un referente cultural na cidade, exhíbense durante mes e medio nas dúas principais salas municipais, o Kiosco Alfonso e Salvador de Madariaga, ademais de tomar a rúa, o epicentro urbano.

Acampa converteuse xa nunha cita imprescindible que fai da Coruña unha das urbes máis empáticas coa problemática das persoas refuxiadas e  migrantes que foxen da pobreza, as guerras, a violencia ou as cada vez máis frecuentes catástrofes naturais producidas pola crise climática. Esta cuarta edición, que se celebrará previsiblemente entre os días 11 e 13 de xuño, articularase ao redor do que xa é o seu emblema principal: un simbólico campo de persoas refuxiadas nos Xardíns. Un intenso programa de conferencias, debates, exposicións e proxeccións achegará á cidadanía os efectos do espolio de recursos.

Acampa busca voluntarais y voluntarios para junio 2020