ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO

Convocatoria fotográfica de Acampa Coruña

As mostras fotográficas son un dos principais elementos da iniciativa para mostrar a realidade das persoas desprazadas e as causas que as empuxan a iso. En todas as súas  edicións, Acampa  contou co traballo de destacados profesionais do  fotoperiodismo e a fotografía humanitaria recoñecidos internacionalmente.
Convocatoria fotográfica de Acampa Coruña
Caddy Adzuba, Premio Principe de Asturias de la Concordia. La congoleña, invitada al Acampa 2019, recordó que el uso del coltán en la tecnología genera muerte y violencia extrema en su país.
Caddy Adzuba, Premio Principe de Asturias de la Concordia. La congoleña, invitada al Acampa 2019, recordó que el uso del coltán en la tecnología genera muerte y violencia extrema en su país.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2020.- Comeza a conta atrás para a celebración da cuarta edición de Acampa  pola paz e o  dereito a  refuxio que, unha vez máis, no mes de xuño, converterá o centro da cidade da Coruña nun espazo de denuncia da situación das persoas refuxiadas e  migrantes e as causas que as empuxan a fuxir dos seus fogares e dos seus países. A organización acaba de poñer en marcha o proceso de selección das exposicións fotográficas sobre o tema que centrará as actividades este ano 2020: o espolio de recursos económicos no planeta e as consecuencias sobre as poboacións locais, que en tantas ocasións vense abocadas á pobreza extrema, o traballo escravo e o desprazamento forzoso. Ata o próximo sete de febreiro, todos os fotógrafos interesados en participar poderán presentar as súas propostas. A premisa fundamental é que os traballos documenten o tema da edición. As bases poden consultarse na web da Rede Acampa, a través desta ligazón: https://coruna.redeacampa.org/…/exposiciones_acampa_2020.pdf

As exposicións fotográficas son un dos principais elementos de Acampa para mostrar a realidade das persoas desprazadas e as causas que as empuxan a iso. En cada unha das súas tres edicións, a iniciativa Acampa contou co traballo e a presenza de destacados referentes do fotoperiodismo e profesionais da fotografía humanitaria, que convidados a este encontro explicaron ao público asistente as realidades que documentan en diversos puntos do planeta. Protagonistas de visitas guiadas polas súas exposicións, analizan non só o que as imaxes plasman senón que revelan o contexto, o porqué de cada fotografía. As mostras, xa un referente cultural na cidade, exhíbense durante mes e medio nas dúas principais salas municipais, o Kiosco Alfonso e Salvador de Madariaga, ademais de tomar a rúa, o epicentro urbano, cunha delas instalada ao longo do Cantón Grande ou nos Xardíns.

Crise de refuxiados sirios, cambio climático, mulleres refuxiadas e espolio

En só tres edicións, Acampa converteuse nunha cita imprescindible que converte a Coruña nunha das urbes máis  empáticas coa problemática das persoas refuxiadas e migrantes que foxen da pobreza, as guerras, a violencia ou as cada vez máis frecuentes catástrofes naturais producidas pola crise climática. En cada edición, Acampa  pola paz e o  dereito a  refuxio pon o foco nun aspecto concreto. En 2017, a primeira, foi a crise dos refuxiados de guerra, achegándonos ao drama sirio; en 2018 centrouse nas migracións derivadas do cambio climático e en 2019 apuntou ao drama específico das mulleres refuxiadas, sempre, xunto cos nenos, as máis vulnerables dos vulnerables. Este ano 2020, o espolio económico que está detrás de moitos dos desprazamentos forzosos de persoas en todo o mundo centrará o programa (conferencias, debates, exposicións, proxeccións…) A cuarta edición celebrarase, previsiblemente, entre os días 11 e 13 de xuño e, como cada ano, articularase ao redor do que xa é o seu emblema principal: un simbólico campo de persoas refuxiadas nos Xardíns.

A rede Acampa é unha iniciativa sen fins de lucro que naceu en 2016 na Coruña co obxectivo de defender os Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. É unha rede transversal da que forman parte máis de sesenta colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos e sindicais, ademais de institucións e empresas con responsabilidade social da cidade e do resto do país. Unha gran maioría desas organizacións son ONG que traballan in situ coas persoas refuxiadas en todo o mundo, desde Open Arms, Save the Children ou Médicos Sen Fronteiras ata Amnistía Internacional, Oxfam  Intermon e Greenpeace. Con vocación universal e en só catro anos, o movemento conseguiu  replicarse. Está a xestarse en Lisboa, e en poucos meses celebrarase a primeira edición de Acampa  en Brasil.

Comentarios
Convocatoria fotográfica de Acampa Coruña