ENCONTRO ANUAL DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

A Lei de Estranxeiría mata!, mudemos a lei

O Foro Galego da Inmigración,,convoca unha rolda de prensa informativa o sábado día 15 de Xuño ás 11:00h na Coruña, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras nº12), no marco do seu Encontro Final 2019, no que presentará a proposta formal ao novo goberno español, unha vez que se constítua para que se produza un cambio substancial na Lei de Estranxeiría. Lei que segue a provocar a morte silenciosa e silenciada de moitas persoas.

A Lei de Estranxeiría mata!, mudemos a lei
Encontro Foro 2019 (1)
Encontro Foro 2019 (1)

O Encontro final do Foro Galego de Inmigración desenvolverase o 15 de xuño en A Coruña, na Casa Museo Casares Quiroga co seguinte Programa :

  • 10:30-11:00h : Acollida perosas participantes no Encontro (procedentes de diferentes lugares de Galicia)
  • 11:00h. Rolda de Prensa Informativa: Mudemos a lei de Estranxeiría.
  • 11:15h: Palestra organizada por SOS RACISMO, A lei de Estranxeiría Mata! Coa participación de:
    • Mohamad Said Ahmad,
    • Zinthia Alvarez,
    • Oluchi Onuegbo
      Técnicas da organización SOS RACISMO GALICIA (que sufrirón e coñecen directamente as consecuencias da actual Lei de Estranxeiría)
  • 13:30h: No Obélisco Acto público e perfomance, con lectura de Manifesto.
  • 14:15h: Xantar compartido no Campo da Leña
  • 16:00h: Espazo Asembleario do Foro Galego de Inmigración.

 

Comentarios
A Lei de Estranxeiría mata!, mudemos a lei