Deportación do veciño de Compostela, Danny Vera

Ningunha persoa deportada

ConcentrACCIÓN POÉTICO-MUSICAL en denuncia da deportación do veciño Danny Vera

Xoves 1 de xuño ás 20:00h na Praza Rodrigo Padron, en Compostela.

Ningunha persoa deportada
Ningunha persoa deportada!
Ningunha persoa deportada!

Comunicado do Foro Galego de Inmigración

Na Concentración, na que contamos coa participación da nai de Danny, haberá  lectura de poemas e actuacións musicais.

Fronte a enchente de cifras macabras sobre ás persoas que se deixan a vida cruzando as fronteiras, as mortes no Mediterráneo, os números que reflexan os campos de refuxiados, queremos darlle corpo á Inxustiza, mencionar os NOMES PROPIOS NA VIOLENCIA DAS DEPORTACIÓNS:

Queremos dar nomes a quen se lucra co perverso negocio das deportacións e do control de fronteiras. Air Nostrum, filial de Iberia, Viajes Barceló, Air Europa, Halcón Viajes e Viajes Ecuador, estas últimas intregrantes de Globalia, propiedade de Juan José Hidalgo. Queremos darlle nome ás persoas que sofren as consecuencias das súas políticas do medo e da arbitrariedadeDanny Vera  chegou ao territorio español no ano 2002, con cinco anos de idade en compaña da súa nai. Desde 2003 residiron en Compostela. Viviron na Rúa de Teo, nos Basquiños e en Rodríguez de Viguri. A adolescencia de Danny, como a de tantos outros mozos e mozas de familias en situación de exclusión, foi complicada. No ano 2012 pasou a situación de garda por parte da Xunta de Galicia no Centro de Menores en Rábade. En 2015 volveu residir coa súa nai e con ela continuou convivindo ata a súa expulsión en novembro do ano pasado. Non puido xestionar a súa autorización de residencia pola falta de ingresos suficientes da súa nai e por non dispor dun contrato de traballo. Como tantos mozos e mozas que compoñen o 60 por cento de poboación xuvenil en desemprego.

Mais cunha diferenza, Danny forma parte dunha categoría aínda máis vulnerábel: é unha persoa potencialmente deportábel. O Estado policial cumpriu a ameaza que sobrevoa constantemente sobre as persoas migrantes: Deportación exprés. Devolución en 72 horas a un país que, neste caso, Danny apenas coñecía. Expulsadas e expulsados con independencia da situación familiar, afectiva ou social, do arraigadas que estean aquí. Cada ano o Estado Español deporta arredor de 10.500 persoas. Máis de 7 de cada 10 persoas son deportadas, como Danny, desde as comisarías. De forma exprés, sen que poidan despedirse da súa xente, avisar a unha organización de defensa dos dereitos humanos ou iniciar algún tipo de procedemento legal para paralizar a expulsión. En Galiza, cada día aproximadamente 2 persoas son detidas por non ter documentación en regra. Unha parte delas, como lle pasou a Danny, son deportadas de xeito sumario.

Son as nosas veciñas e veciños. Fronte aos seus muros e concertinas, fronte as súas redadas, construamos unha malla de solidariedade con elas. Paremos este vergoñento tráfico legalizado de seres humanos.

STOP DEPORTACIÓNS!

CONVOCAMOS AO CONXUNTO DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ  A PARTICIPAR NESTE ACTO DE SOLIDARIEDADE E DE REVINDICACIÓN,  EN DEFENSA DOS DEREITOS DE[email protected] EN DEFINITIVA . NON OLLEMOS CARA  A OUTRO LADO, ISTO SUCEDE E SUCEDE AQUÍ TAMÉN.

Comentarios
Ningunha persoa deportada