PERSOAS REFUXIADAS

Porto Seguro Xa!

Ante a denegación de auxilio da Unión Europea ás persoas acollidas nos barcos Open  Arms e  Ocean  Viking, o Foro  Galego de Inmigración e 18 colectivos máis convocan a unha concentración ante a Subdelegación de Goberno
Porto Seguro Xa!
Cartaz de convocatoria
Cartaz de convocatoria

A Coruña, 13 de Agosto de 2019

A inhumana política migratoria da UE xera monstruosidades todos os días.

No que vai de ano, máis de 840 persoas perderon a vida no Mediterráneo segundo a Organización Internacional das Migracións.

Hoxe, dous barcos, o Open Arms e o Ocean Viking, de Médicos sen Fronteiras e SOS Mediterranée,  esperan autorización para levar a porto seguro en Malta ou Italia a mais de 400 persoas.

Italia ameaza a toda ONG que entre nas súas augas territoriais con multas de ata un millón de euros e con reter aos barcos de rescate. Malta non concede autorización e España desenténdese dun barco con bandeira española. Estes gobernos non respectan o dereito internacional. Os gobernos están a incumprir vergoñentamente coas obrigacións que lles impón o dereito internacional ao negar un porto seguro a persoas que poderían sufrir tortura se son devoltas a Libia e que están esgotadas e necesitan protección e coidados.

  • - Denunciamos o trato inhumano e degradante que supón esta espera no mar.
  • - Denunciamos que o goberno español non medie para lograr o refuxio inmediato destas persoas, converténdose en cómplice da política criminal de Salvini.
  • - Esiximos vías de acceso seguras para as persoas solicitantes de asilo
  • - Esiximos que se cumpra a lei do mar e se leve a porto seguro ás persoas que naufragan.
  • - Esiximos que a UE cumpra co Dereito de Asilo e reforme o sistema de Dublín que obriga a solicitar asilo no país polo que se entra á UE.

Convocamos a todas as organizacións e persoas solidarias a concentrarnos ante a Subdelegación de Goberno este mércores 14 de agosto ás 20 h.

Porto Seguro Xa! 
Dereito a refuxio!
Vida digna para todas!

Foro Galego de Inmigración – A Coruña

Apoian: AGRUPACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA, AIRE, ANOVA, BNG, CC.OO., CGT, CORUÑA CONTRA A GUERRA, ENMAREA, ESQUERDA UNIDA, FOTOS CONTRA A GUERRA, MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NONVIOLENCIA, MAREA ATLÁNTICA, MUNDO SEN GUERRAS E SEN VIOLENCIA, PODEMOS, OXFAM INTERMÓN, SOS RACISMO GALICIA, UGT, VANGARDA OBREIRA...

Comentarios
Porto Seguro Xa!