ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO

Programación Acampa 2019

Do xoves 20 ao sábado 22 de xuño terá lugar a terceira edición de Acampa pola paz e o dereito a refuxio. Este ano dedicada ás refuxiadas

Programación Acampa 2019
PROGRAMA DE MANO_ACAMPA2019_movil 1_Página_01
PROGRAMA DE MANO_ACAMPA2019_movil 1_Página_01

Programación de Acampa 2019

XOVES 20 DE XUÑO

  • 11:30h Acto inaugural. Toldo central
    Apertura musical e visita guiada ao campo de persoas refuxiadas
  • 18:30 – 20:00h Programa en directo “Carne cruda”. Toldo central
    Dirixido e presentado por Javier Gallego “Crudo”
  • 20:00h: “Feminicidio, un crime global” Toldo central
    Encontro con Maribel Tellado de Amnistía Internacional e Caddy Adzuba, reporteira, activista polos dereitos da muller no Congo, Premio Príncipe de Asturias 2014. Presenta Lula Gómez, escritora e xornalista
  • 22h: Concerto Acampa 2019 Toldo central
    High Paw, Pardo e Stoned at Pompeii

 

VENRES 21 DE XUÑO

  • 11:00h Obradoiro “E ti, que pensas de min?” Organizado por SOS Racismo. Sala de conferencias Kiosco Alfonso
  • 11:30h Xogo de Escape. Organizado por Ecos do Sur. Campo simulado
  • Visita guiada ao campo de persoas refuxiadas, con Marga González, de Amnistía Internacional. Campo de persoas refuxiadas.
  • 12:00h Visita guiada da fotógrafa Judith Prat. Exposición “Boko Haram, unha guerra contra elasKiosco Alfonso
  • 13:00h Presentación do Cómic “Como si nunca hubieran sido, con Javier Gallego Crudo. Toldo central
  • 16:30h Visita guiada da fotógrafa Natalia Sancha á exposición “Siria non é país para mulleres”. Kiosco Alfonso
  • Obradoiro de Danza Malinke, impartido por Tania Veiga. Toldo central
  • 17 – 19h: Obradoiro de apoderamento feminino, autoestima e liderado. Impartido por Mabe Pérez Simal, experta en Igualdade de Xénero, de CC.OO. Sala de conferencias Kiosco Alfonso
  • 18h: “Unha foto, unha historia”. Coa participación de Anna Surinyach, Judith Prat, Lorena Ros, Natalia Sancha e Santi Palacios. Toldo central
  • Obradoiro "Introdución á violencia social e persoal" Tenda Mundo sen Guerras e sen Violencia. Taller de reflexión individual e de intercambio de grupo sobre o rexeitamento das diferentes formas de violencia na sociedade e sobre situacións reais de violencia persoal. Reflexión sobre as manifestacións, as consecuencias e as posibles solucións.
  • 19h: Xogo de escape. Tenda de Ecos do Sur
  • Visita guiada ao campo de persoas refuxiadas, con Marga González, de Amnistía Internacional. Campo de persoas refuxiadas.
  • 19h: Obradoiro: “As máscaras de Monimbo, resistencia nicaraguana con rostro de muller”. Organiza Solidariedade Internacional de Galicia. Sala de conferencias Kiosco Alfonso.
  • 20h: “Razóns para soliciar refuxio? Ser muller”. Toldo central
    Encontro: Maya Al-Rahabi, activista e cofundadora da ONG Syrian Women´s Political Movement e Asha Ismail, activista de dereitos humanos kenyana que fundou a asociación Save a Girl Save a Generation xunto a Isabel Bravo, de Radio Coruña Cadena Ser. Toldo central
  • 22:30h: Cine de verán: “Sonita, de Rokhsareh Ghaemmaghami (2015). Toldo central
    Unha moza afgá de 18 anos entra en Irán sen papeis e busca a vida nos suburbios de Teherán, mentres loita para facer realidade o seu soño: converterse en cantante de rap. A paixón pola música choca cos plans da súa nai, que quere casala a cambio de diñeiro e que mesmo xa puxo prezo á noiva: 9.000 dólares.

 

SÁBADO 22 DE XUÑO

  • 11:00h: Encontro das organizacións da Rede Acampa. Sala de conferencias do Kiosco Alfonso.
  • 11:30h: Xogo de escape. Tenda de Ecos do Sur.
  • Visita guiada ao campo de persoas refuxiadas, con Marga González de Amnistía Internacional.
  • 11:30h: Visita guiada da fotógrafa Anna Surinyach. Elas, tamén (#they too). Kiosco Alfonso
  • 12:30h: Visita guiada da fotógrafa Lorena Ros á exposición “Escravas dunha débeda”. Kiosco Alfonso
  • 13:30h: Obradoiro de cociña, presentación do libro Refugeat. Impartido por Laura Alfaya, coautora da publicación. Preparación dunha receita no contexto dun campo de personas refuxiadas. Refugeat é un libro de cociña que recolle as receitas que elaboran acotío as familias residentes no campo de refuxiados; cada receita vai acompañada da historia da persoa que nos invitou a cear ese día no seu isobox. Campo de persoas refuxidadas.
    16:30h: Obradoiro de iniciación á lingua árabe. Organizado por E.O.I. A coruña.Sala de conferencias Kiosco Alfonso
  • 17:00h: Presentación e coloquio da curta documental “Bolingo, o bosque do amor” coa presentación do director Alejandro G . Salgado. A historia de varias mulleres subsaharianas que abandonan o seu fogar na busca do soño europeo e emprenden unha viaxe estando embarazadas. Á fin da viaxe vense obrigadas a facer vida nun campamento situado preto da fronteira de Melilla, en Marrocos. Toldo central
  • 18:00h: Visita guiada do fotógrafo Santi Palacios. “Nais refuxiadas en Europa” Sala Salvador de Madariaga
  • Obradoiro "Experiencias de violencia e nonviolencia". Tenda Mundo sen Guerras e sen Violencia. Taller de reflexión individual e intercambio de grupo sobre experiencias persoais de violencia e de nonviolencia. Intercambio sobre prexuízos relativos á violencia e a nonviolencia e sobre os fundamentos dunha boa e mala violencia.
  • 18:30h: Certame de microrrelato e de poesía “Carta a unha refuxiada.  Consulta as bases na web aquí. Participa e deixa a túa mensaxe, en prosa ou verso, polas mulleres e o dereito a refuxio. Palco da Música
  • 19:00h: Xogo de escape. Tenda de Ecos do Sur.
  • Visita guiada ao campo de persoas refuxiadas, con Marga González de Amnistía Internacional
  • 20:00h: “A violencia sexual como arma de guerra, o corpo da muller convertido en campo de batalla”
    ​Encontro entre Jineth Bedoya, xornalista e conferenciante internacional de temas de conflito armado, narcotráfico e violencia de xénero, e Celine Vardet, xurista experta en crimes de guerra, leva 20 anos loitando para que a violencia sexual perpetrada en zonas de conflito non quede impune. Con Natalia Sancha, fotógrafa e xornalista. Toldo central
    21:30h: Acto de clausura Acampa-2019Toldo central
  • 22:30h: Cine de verán “Rafea e o sol. Mona Eldaief, Jehane Noujaim, 2012. Rafea é unha muller beduína que vive coas súas catro fillas nun dos poboados máis pobres do deserto de Xordania, na fronteira con Iraq. A Rafea ofréceselle a oportunidade de viaxar á India para asistir ao programa do Barefoot College, onde mulleres analfabetas de todo o mundo se forman durante seis meses para seren enxeñeiras solares. Se o consegue, poderá electrificar o seu poboado, formar outros enxeñeiros e manter as súas fillas.
  • E ademais....
    NON PERDAS AS ACTIVIDADES QUE TEÑEN LISTAS AS ORGANIZACIÓNS NAS SÚAS TENDAS!
    Bulómetro, obradoiros e moitas máis!

Programa de mano

Comentarios
Programación Acampa 2019