Eleccións Xerais

Debate sobre as Eleccións Xerais na Agra do Orzán

O martes 29 de Outubro terá lugar un debate sobre as eleccións xerais no local veciñal
Debate sobre as Eleccións Xerais na Agra do Orzán
20191029 debate xerais
Debate Xerais

A Coruña, 28 de Outubro de 2019.- Mañá martes, 29 de outubro ás 20 h. desenvolverase un debate sobre as eleccións xerais no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto).

Enviaron o convite para participar ao Bloque Nacionalista Galego, a Ciudadanos, a Galicia en Común, ao Partido Socialista Obrero Español e ao Partido Popular

Ata agora confirmaron a súa asistencia:

  • María Xosé Bravo San José (candidata núm. 2 do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña)
  • Miguel Lorenzo (candidato núm. 1 do PP ao Senado pola provincia da Coruña)
  • Obdulia Taboadela (candidata núm. 2 do PSOE ao Senado pola provincia da Coruña)

Esta actividade é aberta a toda a veciñanza (a entrada libre ata encher o local).

Debate sobre as Eleccións Xerais na Agra do Orzán