SANIDADE PÚBLICA | NOTA DE PRENSA

Aprobouse a convocatoria de folga para os días 27 e 28 de novembro

Aprobouse onte, 13 de novembro, na Asemblea Galega de Áreas Sanitarias celebrada en Santiago. Convócase folga para médicos de familia e pediatras de atención primaria para os días mércores 27 e xoves 28 de novembro.
Aprobouse a convocatoria de folga para os días 27 e 28 de novembro
20191114_San Xosé
20191114_San Xosé

Acordouse tamén realizar mobilizacións locais durante os días de folga. En concreto na Coruña está prevista:

  • - unha concentración o día 27 ás 8 da tarde no Obelisco con invitación á cidadanía
  • - o día 28 farase unha concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde do Ventorrillo.

Despois de levar cerca dun ano de conflito e de convocatoria de múltiples comisións por parte da Consellería o único que esta concretou cunha normativa foi un novo decreto de estrutura do Sergas no que aparece o nome dunha dirección de atención primaria pero sen cambio de contido respecto do que había antes (chamada dirección de procesos sen ingreso), nada que ver co que se reivindica, que é ter unha estrutura propia de xestión de atención primaria, con presuposto propio. A Consellería, co único movemento real que fixo nestes meses, insiste na mesma política sanitaria, nos mesmos erros.

Folga en Atención Primaria

Os puntos reivindicativos aprobados na folga son:

  1. Xerencia de Atención Primaria. Recuperar a estrutura de xestión de atención primaria en 3 meses.
  2. Tempo para atención ó paciente: limitación de 30 citas por día.
  3. Estabilidade e non precariedade: oferta e convocatoria de “todas” as vacantes de “todas” as categorias mediante OPE.
  4. Cobertura do 100% das ausencias de “todas” as categorias.
  5. Orzamento específico e propio de Atención Primaria ata acadar o 25%, a razón dun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais.
  6. Atención Homoxénea en todas as áreas sanitarias:
  •       - Garantir a derivación de presenza física a todos os servizos hospitalarios.
  •       - Teleconsulta en todos os servizos hospitalarios e resposta en menos de 7 días.
  •       - Acceso a todas as probas diagnósticas

Achegamos o manifesto da folga e fotos dalgunhas concentracións de hoxe, xoves, nos centro de saúde:

27 e 28 de novembro: Pola dignidade da atención primaria. UNHA FOLGA NECESARIA

Vai camiño dun ano que, fartos da sobrecarga laboral e o deterioro da atención primaria, saímos á rua un 27 de decembro de 2018. Espoleados pola dimisión dos xefes de servizo dos centros de saúde de Vigo, cidadanía e profesionais, reclamamos nas rúas a dignidade da Atención Primaria. 

A total ausencia de resposta por parte da administración levounos a convocar unha folga a primeiros do mes de Abril. A folga desconvocouse . A meirande parte dos profesionais non entenderon dita desconvotaria, xa que se baseaba exclusivamente na creación de mesas de negociación. Naceron deste xeito as Asambleas de Areas de Sanitarias, movemento de base que agrupa aos profesionais  e mantén vivas as mobilizacións ante a nula resposta aos graves problemas que vive o eixo vertebrador da Sanidade Pública: a Atención Primaria.

A administración creou grupos de traballo con persoas designadas a dedo para elaborar o chamado “Plan Galego da Atención Primaria 2019/2021”: un documento de 116 paxinas de propostas inconexas, das cales a día de hoxe so percibimos, a non reclamada substitución de to das as impresoras das consultas. Ademais de xeito paralelo e, unha vez mais  inconexo, creou un Consello Técnico de Atención Primaria do que se orixinan Comisions Sectorias que illadamente levan meses traballando en propostas aínda non coñecidas. E por último, constitúe un Grupo de Traballo con expertos que desenvorca na elaboración dun” Documento Estratéxico e de Xestión” que acaba de ser presentado. 

Folga en Atención Primaria

Mentres, os profesionais seguimos sobrecargados, sen poder  prestar a atención debida aos nosos pacientes, sobrevivindo a un verán cheo de ausencias e preparándonos para un ano no que as xubilacións non van ser compensadas con novas incorporacións. Seguimos asistindo a unha xestión desligada da realidade e a unha completa ausencia de medidas que aborden o problema. Fixemos unha folga de seguimento maioritario o 19 de xuño e non fomos escoitados.

 Atentos aos novos anuncios tan so nos atopamos cun novo Decreto Organizativo (Decreto 134/2019, de 10 de octubre), que so fai un simple cambio de nomes, mantendo a organización actual. Organización que incluso o documento do Comité Técnico vé como unha debilidade do sistema e que propón cambiar nun sentido radicalmente distinto do recollido no decreto. 

Un ano mais tarde do inicio das mobilizacións, e de ter constatado un nulo avance real, entendemos que mantelas é ser congruentes coa defensa dunha Atención Primaria Digna.  

Por todo isto facemos un chamamento ao conxunto de profesionais, á cidadanía que xa nos ven acompañando, partidos políticos, organizacións sindicais e socias a que unan as súas forzas con nos para a defensa dun Sistema Sanitario Público centrado no paciente que necesita para a súa subsistencia dunha Atención Primaria que sexa o seu Eixo Vertebrador.

Asambleas de Areas Sanitarias de Galicia


 

Comentarios
Aprobouse a convocatoria de folga para os días 27 e 28 de novembro