Sanidade pública

Concentración cidadá o mércores 27 ás 8 da tarde no Obelisco

A Asemblea de Áreas Sanitarias de A Coruña comunica que o 27 e 28 de novembro haberá folga de médicos de familia e pediatras nos centros de saúde en Galicia.

Concentración cidadá o mércores 27 ás 8 da tarde no Obelisco
Concentracións Galicia
Concentracións Galicia

A táboa reivindicativa das mobilizacións é:

  1. Xerencia de Atención Primaria. Recuperar a estrutura de xestión de atención primaria en 3 meses.
  2. Tempo para atención ó paciente: limitación de 30 citas por día.
  3. Estabilidade e non precariedade: oferta e convocatoria de “todas” as vacantes de “todas” as categorías mediante OPE.
  4. Cobertura do 100% das ausencias de “todas” as categorías.
  5. Orzamento específico e propio de Atención Primaria ata acadar o 25%, a razón dun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais.
  6. Atención Homoxénea en todas as áreas sanitarias:
  • Garantir a derivación de presenza física a todos os servizos hospitalarios.
  • Teleconsulta en todos os servizos hospitalarios e resposta en menos de 7 días.
  • Acceso a todas as probas diagnósticas

Luis Villares

NON hai motivos salariais. As mobilizacións fanse buscando calidade e satisfacción no traballo. Na consulta atendemos persoas, con toda a súa complexidade, e precisan tempo e unha atención de maior calidade que a actual.

Pedímoslle á cidadanía o seu apoio e que participen na concentración que se vai celebrar o mércores 27 de novembro, ás oito da tarde, no Obelisco. Na defensa dos ‘nosos centros de saúde’, en defensa da sanidade pública.

Anxo García Seoane, Alcalde de Oleiros

Tamén faremos outra concentración o xoves 28 ás doce da mañá diante do centro de saúde do Ventorrillo.

A novidade actual é a persistencia do conflito con outra folga e a insistencia da Consellería nas mesmas políticas a pesar do seu fracaso, a pesar de levar case un ano de conflito en atención primaria. A realidade non cambiou, máis ben empeorou. A sobrecarga diaria, a falta de tempo para ver aos pacientes, a falta de inversión en atención primaria, a precariedade laboral e a perda de médicas xoves segue pasando. Non podemos aceptalo.

Alcalde de Cangas do Morrazo

A resposta da Consellería foi a posta en marcha de comisións e a elaboración de documentos que deseñan a atención primaria do futuro. Pero de que futuro falamos?.

As concrecións da Consellería, os orzamentos para 2020 e o decreto de cambio da estrutura de xestión, foron unha grande decepción e indican que non pensan cambiar:

  • Nos orzamentos practicamente non varía xa que pasamos do 12,17% en atención primaria no 2019, do total do orzamento da Xerencia de A Coruña-Cee, ao 12,76%, cando a literatura científica recomenda un 25% para que o sistema sanitario sexa eficiente e equitativo.
  • No novo decreto de estrutura de xestión non hai cambios máis que de nome, pero non de contido nin funcións.
  • Alcalde de Bueu

Por estes motivos mantemos o conflito, convocamos nova folga e chamamos á poboación a que participe nas mobilizacións na defensa dos centros de saúde.

Asemblea de Áreas Sanitarias de A Coruña

Concentración cidadá o mércores 27 ás 8 da tarde no Obelisco