SOS Sanidade pública

Concentracións pola Recuperación do Sistema Sanitario Público Galego

O lema das concentracións en Galicia  é a Recuperación do Sistema Sanitario Público Galego.
Concentracións pola Recuperación do Sistema Sanitario Público Galego
Cartel SOS A Coruña-21 abril
Cartel SOS A Coruña-21 abril

A concentración faise en demanda dun sistema sanitario público galego accesible e moi mellorado con respecto ao pasado. 

Esiximos transparencia, accesibilidade, asistencia sanitaria con seguridade, presencial na medida do posible, e un sistema con investimentos no público e sen precariedade laboral. 

Achegamos cartel da concentración na Coruña e un listado das localidades galegas onde se fará a concentración ao mesmo tempo.

Garantiranse as medidas de prevención, de distancia, que a situación esixe.

As concentración serán en:

  • Mariña: Praza do Concello, Burela
  • Val Miñor (Nigrán, Baiona, Gondomar) Alameda da Ramallosa de Nigrán
  • Vigo: diante das escaleiras do Marco, na rúa Príncipe
  • Bueu: Praza do Concello
  • Cangas: diante do Concello
  • Moaña: diante do Concello
  • Compostela: Praza do Obradoiro
  • Pontevedra: Praza da Peregrina
  • Ferrolterra: Praza de España
  • Poio: diante do Cocello
  • Lugo: diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
  • Barbanza: Praza do Concello
  • Cee: Praza do 8 de Marzo
  • A Guarda, Baixo Miño: Praza de Avelino Viente
  • A Coruña: no Obelisco

 

Comentarios
Concentracións pola Recuperación do Sistema Sanitario Público Galego