Sanidade pública | nota de prensa

Ante a folga de Atención Primaria

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña apoia a folga en Atención Primaria, que comezará o vindeiro 9 de abril

Ante a folga de Atención Primaria
Coordinadora antiprivatización da Sanidade Pública
Coordinadora antiprivatización da Sanidade Pública (1)

A Coruña, 6 de abril de 2019.- Partillamos as propostas “irrenunciables” que provocan esta convocatoria de folga: de conquistalas, suporían unha máis que evidente mellora tanto para os traballadores e traballadoras, como para os usuarios e usuarias:

  1.  "Aumento progresivo do orzamento para Atención Primaria”
  2.  “Unha Xerencia de Atención Primaria" con "capacidade de planificar e xestionar o orzamento e os recursos humanos propios" en "igualdade", concretan, "coa Atención Hospitalaria, recuperando as áreas sanitarias suprimidas”
  3. "Convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias en todas as categorías".
  4.  "Pór fin á política de precariedade laboral de persoal" que cren "imprescindible para garantir a calidade da asistencia"
  5.  Reivindicar unha solución para o "actual conflito" dos PACs.

Desde a Coordinadora levamos anos na rúa defendendo a sanidade pública, frente a todas as políticas dos sucesivos gobernos de destruíla en beneficio do sector privado. Este é o obxectivo destes gobernos, inspirados pola política austericida da Unión Europea, desde hai moitos anos, e para iso fixeron todas a modificacións legais que precisan: a lei 15/97, o artigo 135 da constitución, a lexislación de control do déficit, etc.; e sen a súa derrogación toda negociación é pan para hoxe, mais fame para mañá.

Estas políticas teñen provocado unha verdadeira “rebelión” na sanidade, desde as folgas nas ambulancias, froito dunhas privatizacións a prezo de saldo, que paga o persoal, até servizos de Urxencias como no CHUS, de hospitais como o de Monforte, ou a dos PACs.

A saúde é un todo que non se resolve con medidas parciais, sectorais, pois iso provoca embudos noutros sectores: ou se fai unha resposta unitaria e de conxunto ás políticas da Xunta, ou calquera solución parcial provocará o atasco noutro sector.

A Coordinadora Antiprivatización chama aos usuarios e usuarias a apoiar a folga que comeza o 9, e a participar en todas a convocatorias de manifestación e loita que fagan.

Ante a folga de Atención Primaria