SANIDADE PÚBLICA

Manifestación en defensa da Sanidade Pública o 9 de febreiro en Santiago

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña (Mareas Brancas) apoia e súmase á manifestación convocada o domingo 9 de febreiro en Santiago de Compostela por diferentes plataformas, sindicatos e partidos políticos en defensa da sanidade pública.

Manifestación en defensa da Sanidade Pública o 9 de febreiro en Santiago
9 febreiro
9 febreiro

O proceso privatizador de Feijóo levado a cabo coas súas políticas neoliberais colapsa a Sanidade Pública: as políticas de recortes provocan listas de agarda insoportables, o peche de servizos públicos esenciais, o maltrato das mulleres do rural, e a precariedade laboral das traballadoras.

A Marea Branca anima a toda a cidadanía a rebelarse contra os ladróns dos servizos públicos e participar na manifestación en defensa da sanidade pública do domingo 9 de febreiro que sairá ás 12 horas da Alameda (Santiago de Compostela).

¡A Sanidade non se vende, a Sanidade deféndese!

Comentarios
Manifestación en defensa da Sanidade Pública o 9 de febreiro en Santiago