Sanidade pública

Mercedes Queixas fará este xoves varias preguntas orais ao goberno galego sobre o centro de saúde de Novo Mesoiro

A deputada do BNG Mercedes Queixas vaille facer este xoves varias preguntas orais ao Goberno Galego sobre a situación do Centro de Saúde de Novo Mesoiro.

Mercedes Queixas fará este xoves varias preguntas orais ao goberno galego sobre o centro de saúde de Novo Mesoiro

A Coruña, a 26 de maio de 2021. En concreto será na Comisión de Sanidade do Parlamento galego a partir das 16 horas (terceiro punto na orde do día).

Entre outras cuestións, Queixas vaise interesar por se a Xunta vai aumentar nesta lexislatura os efectivos do persoal sanitario e administrativo deste centro sanitario.

“En caso de a resposta ser negativa, que causas motivas que non se considere necesario aumentar o persoal?”, inquire a parlamentar nacionalista, quen quere saber tamén por que o horario deste centro é só de mañá.

A deputada nacionalista aproveitará esta sesión da Comisión de Sanidade para lle pedir ao Goberno Galego que reforce os servizos e o persoal do centro de saúde de Novo Mesoiro durante os períodos de vacacións, baixas laborais ou permisos do cadro de traballadoras e traballadores.

Comentarios
Mercedes Queixas fará este xoves varias preguntas orais ao goberno galego sobre o centro de saúde de Novo Mesoiro