Elecciones Galicia 2020

Mercedes Queixas: "O reforzo da sanidade pública será a prioridade número un do goberno de cambio galego que vai liderar Ana Pontón

O goberno do cambio galego que vai liderar Ana Pontón destinará 200 millóns de euros á mellora da atención primaria, alicerce básico da sanidade pública, anunciou este serán Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña.
Mercedes Queixas: "O reforzo da sanidade pública será a prioridade número un do goberno de cambio galego que vai liderar Ana Pontón
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

A Coruña, a 29 de xuño de 2020. Queixas participou nun debate con profesionais do sector da saúde -os médicos Servando López e Moncho Veras, os representantes de Enfermeirxs Eventuais en Loita Hugo Bermúdez e Silvana Muñoz- que foi retransmitido ao vivo pola canle Youtube do BNG da Coruña.

Argumentou a candidata nacionalista que a crise do coronavirus deixou ao descoberto as eivas da xestión sanitaria do PP durante os 11 anos dos gobernos de Feijóo, caracterizada polos recortes -redución de número de profesionais e de número de camas hospitalarias, mil menos máis que as que existían en 2009- e pola política de derivacións constantes a hospitais privados.  

"Unha boa sanidade pública blinda a boa saúde e vitalidade das persoas, mais tamén dos territorios. A eliminación de oferta médica en servizos e prestacións, como prazas de pediatría ou a non substitución de profesionais de atención primaria, ou a eliminación de áreas sanitarias chegou ao seu maior ímpeto degradante co intento do peche do paridoiro de Verín", dixo Queixas.

Unha mudanza de 180 graos. Iso é o que necesita a sanidade pública galega para reverter as políticas desmanteladoras e privatizadoras do PP. E iso é o que fará o goberno do cambio galego, con accións concretas como, entre outras, o Plan de Mellora da Atención Primaria (200 millóns de investimento), a recuperación das áreas sanitarias eliminadas e a posta en valor dos hospitais comarcais, a utilización intensiva dos recursos que eviten derivacións á privada e a posta en marcha dun plan para suprimir as listaxes de espera.

Comentarios
Mercedes Queixas: "O reforzo da sanidade pública será a prioridade número un do goberno de cambio galego que vai liderar Ana Pontón