Sanidade pública | nota de prensa

Reunión do colectivo de médicos de atención primaria da Área de Saúde de A Coruña

Un grupo de arredor de cen médicos de familia da área de A Coruña reunímonos na tarde do día 15 de xaneiro no colexio médico de A Coruña, co obxectivo de poñer en común a situación asistencial dos centros de saúde desta Área e propoñer solucións que a melloren.

Reunión do colectivo de médicos de atención primaria da Área de Saúde de A Coruña
20190115_3
Reunión de médicos de atención primaria da Coruña

Participaron médicos dos centros de saúde de Ventorrillo, Mallos, Montealto, Federico Tapia, Elviña, Adormideras, Abente y Lago, San Xosé, Rosales, Labañou, Casa do Mar, Betanzos, Culleredo, Perillo, Temple, Bergondo, Arteixo, Abegondo, Cesuras, Muxía, Vimianzo, Cee, Cambre, Camariñas, Portádego, Malpica, Laxe e Mera. Tamén estaban presentes médicos eventuais e médicos de PAC.

Acordouse

  • facer unha recollida de sinaturas en apoio dunha serie de reivindicacións (pendente de rematar) para enviarlla logo á Consellería de Sanidade
  • coordinarse con outros grupos de médicos doutras áreas sanitarias de Galicia para promover mobilizacións conxuntas
  • ter unha nova reunión o xoves 24 de xaneiro onde se traerán as sinaturas recollidas e se acordarán novas mobilizacións

Reunión do colectivo de médicos de atención primaria da Área de Saúde de A Coruña