SANIDADE PÚBLICA

Sinaturas de 35 centros de saúde para mellorar a atención sanitaria

O Colectivo de médicos de atención primaria de A Coruña fixo entrega hoxe, no rexistro do SERGAS na rúa Durán Loriga de 280 sinaturas recollidas nos centros de saúde (35 centros) e dirixidas ao Conselleiro de Sanidade D Jesús Almuíña. 

Sinaturas de 35 centros de saúde para mellorar a atención sanitaria
Entrega de sinaturas
Entrega de sinaturas

O escrito di o seguinte:

O Colectivo de médicos de atención primaria da Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, integrado na Coordinadora Galega de Atención Primaria, fai entrega destas 55 follas nas que se recolleron un total de 280 sinaturas.

Hai sinaturas dos seguintes 35 centros de saúde: Abegondo, Abente y Lago, Aceadamá, Adormideras, Arteixo, Vilarrodrís, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cambre, Camelle, Carballo, Carral, Casa do Mar, Cee, Elviña, Federico Tapia, Fisterra, Guísamo, Labañou, Laxe, Mallos, Malpica, Mera, Novo Mesoiro, Portádego, Perillo, Rosales, San Xosé A, San Xosé B, Santa Cruz, Temple, Ventorrillo, Vimianzo, Zas.

Como pode comprobar o que pedimos é similar aos facultativos doutras áreas sanitarias:

  • Incrementar o orzamento da Atención Primaria ata alcanzar o 25%.
  • Incremento das prazas médicas para acabar coa masificación dos cupos e consultas.
  • Apoiamos aos PACs en pé de guerra en todas as súas reivindicacións.
  • Poñer fin á política de precariedade laboral de persoal, imprescindible para garantir a calidade da asistencia. Nesta liña rexeitamos o modelo de contrato acordado na mesa sectorial e denominado “Nomeamento Estatutario Eventual de Continuidade no ámbito do SERGAS”.
  • Modificar a Lei Galega de Saúde para que na estrutura de xestión de área haxa unha dirección de atención primaria do mesmo nivel que a dirección hospitalaria e teña capacidade de xestión propia
  • Rexeitar a Comisión e grupos de traballo creados pola Consellería para planificar un novo modelo de Atención Primaria. Os grupos deben contar con representantes de todas as organizacións.

Asinan en representación

Ramón Veras Castro (32446591P), María Carmen Acuña do Campo, Ana Rilo Castelao, Jesús Manuel Caeiro Castelao

A Coruña, a 14 de febreiro de 2019

Dirixido ao Conselleiro de Sanidade D Jesús Almuíña

Comentarios
Sinaturas de 35 centros de saúde para mellorar a atención sanitaria