AV Uxío Carré | nota de prensa

"O vello CHUAC non ten amaño, e os problemas empezan a afectarnos a todas e a todos"

O SERGAS pide prudencia á poboación fronte ó COVID pero obriga a convivir persoas con COVID con persoas que non o teñen.

"O vello CHUAC non ten amaño, e os problemas empezan a afectarnos a todas e a todos"
Hospital_A_Coruña_Galiza_(CHUAC)
Hospital_A_Coruña_Galiza_(CHUAC)

A Coruña 02 de Xullo de 2021.- Dende o 1 de xullo a UCI-COVID e a UCI-Non COVID están unificadas, doentes con e sen COVID están na mesma UCI, compartindo espazo. Parece que xa non é preciso illar ás persoas enfermas que están contaxiadas co COVID!

Isto afecta directamente ás persoas alí ingresadas, que como é obvio son doentes moi delicados, e que deben ser tratados coa máxima precaución e prevención, xa sexan doentes con ou sen COVID. Precisamente por isto, non se concibe que sexa o SERGAS que expoña a estas persoas a ser contaxiadas de COVID!

As familias das persoas que estaban na UCI padecen tamén as consecuencias. Dende onte, as instrucións para visitas na UCI (con ou sen COVID) limitan quen poderá acceder agora como visitantes:

  • Só familiares menores de 70 anos.
  • Deben ter as 2 doses de vacina anti-Covid postas.
  • Non poden ter factores de risco para COVID.
  • Facilitaselles unha máscara fpp2 á entrada que se lles retira á saída da UCI.

E cal é o motivo desta barbaridade? A remodelación dos quirófanos da sexta planta deixa un regueiro de escombros sobre doentes, familiares e profesionais da sanidade.

Recentemente, no transcurso dos parches continuos que se lle fan ó CHUAC, agora co presuntuoso nome de “Fase 0 do NOVO CHUAC” estaban reformando os quirófanos da 6º andar. Xusto debaixo estaba a “UCI-Y”, ou UCI-COVID, con un especial illamento.

No transcurso da obra o teito da UCI comeza a ceder poñendo en perigo a saúde e as vidas das persoas que traballan nesa UCI, das persoas ingresadas e das familias, ademais do risco de filtración do virus, de pó, e, por suposto de aspergilus, lexionela, etc...

A Dirección do CHUAC, decidiu non paralizar a obra ata atopar unha solución, antepoñendo as vidas e a seguridade de doentes, familias e persoal. O SERGAS priorizou a continuidade da obra, e preferiu poñer en risco as vidas das persoas. Estas son as garantías que nos dan para falar de “NOVO CHUAC”, 20 anos máis de obras nun edificio vello nestas condicións?

Doentes compartindo ascensor coas persoas que traballan na obra? Escaleiras cos teitos levantados nos corredores e o persoal sanitario pasando coas camas por debaixo? Fendas en teitos e paredes, filtracións nos sistemas de ventilación, co risco biolóxico que supón?

A obstinación da Xunta, avalado polo Concello da Coruña, de ampliar un edificio de 50 anos tapándoo con un cartel ben grande que pon “NOVO CHUAC” e hipotecando o futuro da Sanidade Pública na Área Sanitaria da Coruña-Cee (máis de 500.000 persoas) non ten límites!!

"O vello CHUAC non ten amaño, e os problemas empezan a afectarnos a todas e a todos"