Agroman novas redes de apoio mutuo na Coruña

A veciñanza constitúe nas redes grupos de axuda para atender ás necesidades básicas que non é quen de atender o estado.
Agroman novas redes de apoio mutuo na Coruña

A crise sanitaria polo coronavirus e a alarma social dos primeiros días deron paso á creación de diferentes grupos de axuda entre veciños en redes sociais como Whatsapp e Telegram. Para a zona da Agra, O Ventorrillo e A Silva-Cances opera desde onte o Grupo de Apoio Mutuo Coruña-Agra do Orzán. Inspirado en ferramentas cooperativas habituais en diferentes ámbitos do activismo social, o grupo reúne veciñas e veciños que acoden ao foro para solicitar favores, buscar información e botar unha man a quen o precisa. O grupo comezou a funcionar á vez que outros en diferentes barrios.

A súa finalidade é poñer en contacto xente que poida colaborar entre si, en especial, realizando tarefas na rúa, como compras ou recados urxentes, para persoas de colectivos en risco ou con problemas de mobilidade. Mais o foro fornece tamén información, consellos de todo tipo –desde normativa laboral ou de tráfico até guías de psicoloxía para axudar a levar a corentena nas casas- e mesmo esperta debates e propostas de acción cidadá, como a campaña que representa o cartel de abaixo.

WhatsApp Image 2020-03-16 at 17.14.47

Hai grupos semellantes en Santiago de Compostela, Vigo ou Lugo, segundo informan na web galizalivre.gal, onde dan conta dos sitios para acceder estes espazos e lembran: “O movimento feminista tem apontado nos últimos tempos a importância de socializarmos os cuidados, de acabarmos com a lógica da competência económica e de repensarmos a base ética dos nossos relacionamentos porque cuidar é, como indica Josemi Valle em La capital del mundo es nosotros, o meio para possibilitarmos o nosso próprio florescer como sociedade, estabelecendo estruturas de equidade, partilhando, falando, rindo, ajudando, respeitando e dignificando ao outro.”

GAM-1024x567

 

Comentarios
Agroman novas redes de apoio mutuo na Coruña