Ría do Burgo

Ana Miranda lamenta os escasos investimentos previstos para saneamento nos orzamentos do Estado para 2019

A eurodeputada do Bloque critica a falta de iniciativa da administración estatal e do goberno galego, baseada en “desvestir un santo para vestir outro”

Ana Miranda lamenta os escasos investimentos previstos para saneamento nos orzamentos do Estado para 2019
Ana Miranda ría do Burgo
Ana Miranda ría do Burgo

Estrasburgo, 15 de xaneiro de 2019.- A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, fixo unha primeira valoración ao proxecto de que a ría do Burgo se financie mediante o desvío de fondos inicialmente correspondentes á EDAR de Santiago. Para Miranda, esta proposta significa por unha banda, que desde que a Comisión de Peticións tratou o saneamento das rías en 2013 o Estado español e o goberno galego non fixeron nada e considera “lamentable a escaseza de investimentos para saneamento nos OXE para 2019” “Pero ademais, vemos como a iniciativa de ámbalas dúas administracións é tan pobre que consiste en eliminar os orzamentos necesarios nun Concello para investilo noutro lugar”, denuncia a eurodeputada do Bloque, quen salienta que o saneamento da ría do Burgo “non se pode facer sobre anuncios triunfais”, xa que “concretamente, a cantidade do investimento prevista para sanear a Ria do Burgo, pasa de 1 a 8 millóns de euros”.

Segundo valora Ana Miranda, “trátase dunha cantidade claramente insuficiente para realizar os investimentos necesarios, tal como lembrou o Informe do Parlamento Europeo de 2013”. Ao respecto, lembra que este informe recomendaba ao Estado e ao Goberno galego realizar un plan de rexeneración da ría que incluíra o dragado, retirada, limpeza e tratamento dos lodos, así como desenvolvendo medidas de mellora da calidade da auga e tratamento das partes contaminadas.

Perda de actividade económica

A eurodeputada do BNG, que conseguiu que se reabra e revise o informe da Eurocámara sobre os rías galegas -e que vai tratarse o vindeiro luns 21 de xaneiro-, lembra que durante o período 2014-2020 os investimentos foron "ridículos", mentres os bancos marisqueiros seguen tapados polos lodos.

“Nestes anos temos que lamentar a redución dunha parte do cultivo coas conseguinte perda de postos de traballo no marisqueo e perda da actividade económica na comarca”, sinala o exdeputado no Congreso e actual cabeza de lista do Bloque ás eleccións municipais na Coruña, Francisco Jorquera. O candidato nacionalista demanda un “compromiso claro e inequívoco coa ría do Burgo para a súa rexeneración”, xa que considera que “non é de recibo” que por un lado se consigne unha partida orzamentaria ano tras ano e a ría do Burgo siga sen sanear e por outro agora se faga a costa da EDAR de Santiago.

Pola súa banda, Goretti Sanmartín, portavoz do BNG en Santiago, sinala que a proposta de orzamentos constata que o propio Estado asume que Santiago “non vai recibir os fondos europeos, algo que o BNG vén denunciando desde hai tempo pola inacción de Compostela Aberta, responsábel de que continuemos a contaminar o Sar”.

“Os cero euros orzamentados para Vigo amosan a nula intención do goberno do Estado de completar o saneamento da nosa ría”, sinala o candidato do BNG á alcaldía viguesa, Xabier Pérez Igrexas, quen lembra que os aliviadoiros que existen son os mesmos que había hai anos, polo que os vertidos e a contaminación seguen existindo.

Ana Miranda lamenta os escasos investimentos previstos para saneamento nos orzamentos do Estado para 2019