Memoria histórica

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña pide á conselleira de Medio Ambiente o cese fulminante do xefe de servizo de Conservación da Natureza en Ourense

O Xefe do Servizo de Conservación da Natureza en Ourense, Sr. Juan Gómez  Fernández, fixo unhas declaracións en redes sociais nas que dunha forma descarada apoiaba ao franquismo máis rancio, posicionándose  en contra da exhumación dos restos do ditador Francisco Franco.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña pide á conselleira de Medio Ambiente o cese fulminante do xefe de servizo de Conservación da Natureza en Ourense
furriolo2 049
Alto do Furriolo

27 de Outubro de 2019.- A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña entende que é  cousa de cadaquén as ideas que defenda, pero tamén entendemos que un cargo público, sobre todo cando é de LIBRE DESIGNACIÓN, non pode posicionarse tan claramente a favor dun bando, neste caso o bando franquista, e polo tanto, en consecuencia pedimos á Conselleira de Medio Ambiente, Dona Ángeles Vázquez Mejuto que o cese inmediatamente.

Velaí vai o texto referenciado:

Estimada señora Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia:

Discrepamos de vostede cando di que o seu xefe de Servizo de Conservación da Natureza en Ourense, don Juan Gómez Fernández, “é un funcionario de sólida traxectoria”.

Ese Conservador da Natureza ¿subiu ao Alto do Furriolo?, ¿pasou a Ponte de Castrelo de Miño?, ¿virou na Curva Grande de O Rodicio ou en Castro Escuadro de Maceda?, ¿visitou, acaso, a Devesa de Lombao de Bande ou a Corga da Vidueira do Entrimo?. Unha de dúas ou non estivo endexamais neses lugares ou minte descaradamente:

Todos eses son pasaxes da Memoria. En cada unha deses paraxes cometéronse crimes na longa noite de pedra e chumbo da sublevación do franquismo. Se o señor Conservador da Natureza fose un “funcionario de sólida traxectoria” como vostede di, él sabería que a Deputación de Ourense garda os nomes e datos de seiscentas corenta e seis persoas, 646, fusiladas en sesenta e catro municipios, 64, máis de dous terzos do total de concellos da provincia de Ourense.

¿Non lle parece a vostede un escarnio que o seu funcionario conservador da Natureza se atreva estes días a escribir que “los muertos deben descansar en paz” e non teña adicado nin un minuto da súa “sólida traxectoria profesional” a saber qué garda de restos humanos esa Natureza nin movido un dedo para que se recuperen e devolvan aos seus deudos os restos ciscados por gabias e cunetas desde hai máis de oitenta anos?. ¿Os familiares destes asasinados non teñen dereito a enterrar os seus mortos “donde tengan a bien”?. Tal parecería que os ósos do asasino son dunha caste especial “a descansar en paz”.

Estimada señora, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña ten como fins:

  • Recuperar a Memoria Histórica de Galicia, porque non pode entenderse o presente e construír o futuro se ignoramos o noso pasado.
  • Recuperar e divulgar a Memoria Histórica de todos aqueles cidadáns galegos, homes e mulleres, de moi diversas ideoloxías, … leais á IIª República, … que foron asasinados, … foron perseguidos e encarcerados ate o exterminio ou tiveron que padecer a emigración e o exilio, tamén na propia terra …

É por iso que lle exiximos que cese de xeito fulminante ao seu Xefe de Servizo de Conservación da Natureza de Ourense. Aducir que non pode cesalo “por ser funcionario” e incorrer no mesmo xeito de noxentos despropósitos do señor Gómez Fernández a respecto da Memoria Histórica. 

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña pide á conselleira de Medio Ambiente o cese fulminante do xefe de servizo de Conservación da Natureza en Ourense