violencia económica

“Temos moito que arranxar en Mercadona”: María López, presidenta del comité provincial

La CIG se concentró este pasado lunes 15 de febrero delante del Mercadona de la avenida de Oza. La intención del sindicato  era denunciar una situación que consideran insostenible y donde, según explican, mientras algunos trabajadores soportan una sobrecarga en sus tareas, la empresa despide arbitrariamente a otros.

“Temos moito que arranxar en Mercadona”: María López, presidenta del comité provincial
mercadona 01
Concentración de protesta por el despido en Mercadona

La concentración en el Mercadona de Oza se realizó como consecuencia del quinto despido desde el mes de diciembre. Esta última compañera que se ha quedado sin trabajo ha sido la gota que ha rebasado un vaso que ya llevaba tiempo amenazando con colmarse. El comité de empresa de Mercadona ha denunciado, desde comienzos de la pandemia, una sobrecarga de trabajo que, derivada del aumento de las ventas, pone en riesgo los derechos laborales. María López Alejos, presidenta del comité de A Coruña, lleva desde el 2010 relatando una situación de  presión a la que sus compañeros se ven sometidos por la política que la compañía realiza en tienda y que han llamado: Calidad total. López Alejos explica que el minucioso control al que el personal está sometido y que no responde a criterios prefijados sino a las consideraciones subjetivas de los responsables de la tienda, sirven en Mercadona para generar una cultura del miedo y para realizar despidos a la carta.

En 2010 ya denunciabas una situación de presión contra los trabajadores por parte de Mercadona. ¿A qué se debe??

Ao sistema de traballo de Mercadona, que lle chaman de calidade total, é unha cultura do esforzo, moi hermética. O que hai detrás é unha presión sobre os traballadores. É certo que se cobra máis que noutros establecementos de alimentación, pero sácancho do lombo e a nivel psicolóxico... Esa presión coa prima ou mesmo coas baixas médicas. Teñen un modus operandi empresarial que o teñen moi ben estruturado e moi ben organizado.

A prima, por exemplo, é un instrumento de chantaxe. O é porque unha vez ó ano o teu xefe, o teu encargado de tenda de maneira totalmente subxectiva avalía se a vas cobrar... Son 3000 euros, non é pouca cousa. É de maneira subxectiva porque vai depender da decisión do coordinador. É como o cole, o coordinador decide se aprobarte. Aprobas ou suspendes según esa decisión. Pedimos os criterios por escrito, pero eles din que é unha política interna e non os dan.

Psicolóxicamente hai un antes e un despois de todo o traballador que traballa en Mercadona. Cando saes do supermercado non podes desconectar, é una absorción total... Temos moito que arranxar en Mercadona.

¿Cómo ha afectado a todo esto la pandemia?

Horrible, foi horrible. Esa presión, ese ambiente laboral tóxico empeorou. A xente esta sobrecargada, extralimitada en funcións e tarefas e físicamente esgotada. Non reforzan as plantillas. Nos din que as horas están, pero que están mal organizadas pola imprevisibilidade da situación. Que che colla de improvisto un mes, pero levamos moito tempo coa pandemia.

Esta concentración del lunes viene derivada de una serie de despidos que comenzaron en diciembre y que consideráis injustos ¿por qué?

Están despedindo máis do normal. Son 5 dende decembro que saibamos. Porque a nós comunícanolo, pero 6 meses despois... Cando xa non hay maneira de defendelos e xa se pasou de prazo todo. Detrás destes despidos hai é unha persecución dos que intentan defender os seus dereitos. Son despidos, para eles, exemplarizantes. O modelo de calidade total non pode estar por enriba do estatuto dos traballadores. 

¿En qué circunstancias se da el despido de esta última trabajadora?

Esta traballadora era perfumeira na avenida de Oza, levaba 9 anos. Antes en Mercadona cada un era responsable da súa sección... Pero dende que empezou a pandemia facía falta que todos fixéramos de todo. Esta compañeira pasou a estar nas caixas, na froita... E lle esixiron ter a perfumaría coma se estivese na perfumaría, pero sen estar na perfumaría. ¿Cómo vas ter ben a perfumaría se che encomendan outras tarefas? Entón lle fixeron dúas preevaliacións por escrito dicindo que ían a suspenderlle a prima. Ela pediu copia, firmou non conforme e contestou. Foron a por ela. Nós dende a CIG mandamos un correo electrónico directamente a recursos humanos e en 6 meses a despediron. Despedírona inxustamente e por iso pedimos a readmisión.

“Temos moito que arranxar en Mercadona”: María López, presidenta del comité provincial