BNG | nota de prensa

O Parlamento debate PNL sobre compensacións ás mariscadoras

O Parlamento debate este martes unha proposición non de lei do BNG para a Xunta promover contactos entre as administracións de modo a garantir compensacións ás mariscadoras mentres durar a dragaxe da ría do Burgo

O Parlamento debate PNL sobre compensacións ás mariscadoras
BNG e Confraría de Pescadores
BNG e Confraría de Pescadores

A Coruña, a 5 de abril de 2021. A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego vai debater este martes 6 de abril (a sesión comeza ás 16 horas, este é terceiro punto na orde do día) unha proposición non de lei da autoría de Mercedes Queixas para a Xunta promover con urxencias “as reunións necesarias” entre as administracións implicadas (a Xunta e o Estado) de modo a garantir compensacións económicas ás mariscadoras mentres durar a dragaxe da Ría do Burgo.

Coa iniciativa o BNG defende que as axudas se manteñan mentres non se garantiren as condicións óptimas para a práctica do marisqueo con total normalidade.

“Como xa ten manifestado a Confraría de Pescadores e a Mesa da Ría, é imprescindíbel que antes do inicio das obras se teña acordado entre as administracións galega e española as compensacións para o marisqueo a flote e a pé”, escribe Queixas na exposición de motivos desta proposición non de lei. Os traballos de dragaxe durarán entre 21 e 26 meses.

O BNG cuantifica as compensacións a partir de valoracións feitas pola propia Confraría de Pescadores e así para o marisqueo a pé fíxaas en 1.416 euros mensuais por mariscadora a pé e en 2.000 euros mensuais por mariscadora a flote (estas últimas teñen gastos asociados ao mantemento e ao combustíbel da embarcación).

Comentarios
O Parlamento debate PNL sobre compensacións ás mariscadoras