IGUALDADE E DIVERSIDADE

Visita do Alcalde á Fundación ADCOR

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García, visitaron esta mañá a Fundación ADCOR 

Visita do Alcalde á Fundación ADCOR
Xulio Ferreiro e María García en ADCOR
Xulio Ferreiro e María García en ADCOR

A Coruña, 13/05/2019.- O Concello leva a cabo coa Fundación ADCOR un proxecto de economía circular e inserción laboral de colectivos con diversidade que consiste na reutilización das lonas que se emprega para dar publicidade a eventos municipais, que se convirten en bolsas. "Comezamos o pasado ano con este proxecto, que combina o respecto polo medio ambiente, a economía circular e a social. As lonas das festas, do San Xoán, do Noroeste... teñen un aproveitamento posterior, convértense en materia prima e non xeneran residuos, valorízanse a través do traballo das persoas do centro ocupacional da Fundación ADCOR, que dá traballo e formación a persoas que teñen especial dificultades de acceso ao mercado laboral", explicou o rexedor.

Comentarios
Visita do Alcalde á Fundación ADCOR