Mulleres

Vela-luz abandona a mesa de traballo do Estado contra a violencia de xénero

Representantes da asociación mantiveron una folga de fame en Madrid durante case un mes e conseguiron o compromiso do Goberno de traballar en prol dun Pacto de Estado.

Vela-luz abandona a mesa de traballo do Estado contra a violencia de xénero
lasvictimasnosvamos campaña
Imaxe da campaña da que fará parte Vela-luz.

A Asociación Vela-luz non se sentará na mesa de traballo contra a violencia de xénero que se vai convocar formalmente pasado mañá mércores no marco do Observatorio de Violencia de Género, baixo o amparo da Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad.

A razón é que Vela-luz séntese "relegada" dun espazo no que, segundo a súa presidenta, Gloria Vázquez, "la presencia de nuestra organización se viviría como un ataque a las malas costumbres". Vázquez, que en febreiro pasado participou xunto a membros da asociación e outras mulleres nunha folga de fame de 26 en Madrid até que conseguiu arrancar do Ministerio de Eduación, do que depende a secretaría de Igualdade, o compromiso de que o Goberno traballaría nun Pacto de Estado para loitar contra a violencia de xénero, pensa que a mesa debería "empezar por reconocer que las víctimas son interlocutoras legítimas e impulsar las iniciativas que presentan".

Vela-luz, que fora invitada ao Senado e tratara directamente con Mario Garcés, o secretario de Estado, a creación da mesa, considera agora que a promesa do pacto "no es más que un reclamo de cara a campañas electorales" e non aprecia interese en "mejorar la situación de las víctimas". En un comunicado de prensa emitido esta tarde, la asociación señala que la mesa propuesta es un "cortijo arraigado, acomodado, cuyos objetivos desconocemos", e acusa de "desidia" a quienes "visten su discurso de muertes tomando como estandarte el dolor de las víctimas para mantener su estatus".


 

 

 

 

 

 

 

Vela-luz abandona a mesa de traballo do Estado contra a violencia de xénero