#CoraxeMallos

Manifesto: #CoraxeMallos!

Manifesto fronte á adversidade
Manifesto: #CoraxeMallos!
Pergamino
Pergamino

O 2020 demostrounos que todo pode cambiar nun dicir “amén”; que dun golpe inesperado o mundo dá a volta e todo o que crías seguro desaparece sen remedio. O 2020 foi sinónimo de portas pechadas, de rúas baleiras, de impotencia e confusión.

A pandemia púxonos a proba a todos e mesmo, algunhas veces, gañounos. Baixamos os brazos, cansámonos de esperar e rendémonos. Pero... sabes que é o mellor do 2020? Que xa pasou, xa se foi.

Agora é a nosa quenda de gañarlle a batalla, de demostrarlle ao mundo o que significa a coraxe ao puro estilo Mallos. Porque a nosa coraxe é o valor de seguir en pé, de resistir cando veñen mal dadas e poñerlle boa cara a este temporal.

Hai unha seguridade que non pode arrebatarnos toda esta desgraza: a seguridade de que sairemos todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás... Como sempre foi. Isto é a coraxe dos Mallos: o barrio abríndose paso como a herba entre o asfalto. Os veciños convertidos en familia, a nosa esencia.

Creceremos xuntos, de xeito conxunto. Volveremos ás rúas e aos bares. Volveremos cruzarnos con fulano na tenda da esquina, lembraremos como era aquilo do achegamento social.

Pero o momento é agora, a ocasión empeza xa. Non podemos deixar pasar esta oportunidade de salvar o noso, entre todos, entre nós.

Este é un compromiso, unha promesa e unha seguridade. Agora, máis que nunca, aposta polo comercio de barrio, apoia ao teu barrio... Confía nos teus veciños.

Atentamente:

A familia de EntreNósDixital.

Manifesto: #CoraxeMallos!